segunda-feira, 23 de abril de 2012

Centos de cidadans protestaron pola situación da Torre de Hercules e seus traballadores/as.


O pasado domingo tivo lugar a manifestación convocada pola Asociacion de Veciños de Atochas-Monte Alto e outros colectivos políticos e sociaes en apoio aos traballadores e traballadoras da Torre e o peche da mesma hai xa catro meses.
A Torre non é patrimonio do PP ! Negreira escoita a Torre non se vende ! Luisa Cid, dimisión !foron alguns dos lemas que perto de medio millar de cidadans de A Coruña corearon no percorrido dende a Glorieta de Breogan ata a Plaza de Maria Pita. Na mesma coa participación de Xurxo Souto falaron representantes dos traballadores e traballadoras da Torre na que denunciaron a ilexitima situación na que se atopan e chamaron a continuar a loita contra o goberno reaccionario do Concello de A Coruña. Asi mesmo chamaraon a solidariedade coa loita mercando as rifas da caixa de resistenza feitas con tal motivo.
A Coordinadora A Coruña en Loita participo activamente na propaganda da marcha e na mesma levou unha faixa có lema "A Coruña en Loita."
Cando teñamos mais fotos publicaremolas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário