quarta-feira, 31 de outubro de 2012

Comunicado sobre a Folga Xeral Europea.

 
 
 
 
Para o 14 de novembro as organizacións sindicais maioritarias na Unión Europea, agrupadas na Confederación Europea de Sindicatos (CES), da que fan parte CCOO e UXT entre outros, veñen de convocar umha Xornada de Mobilizacións, Folgas e Manifestacións contra os recortes nos dereitos sociais e laborais da poboación traballadora, impulsados desde Bruxelas.

A Xornada consistirá desde Folgas Xerais en estados como Portugal, Grecia, Chipre, Malta ou o Estado Español, ate manifestacións, folgas parciais, etc., etc, en outros estados (Alemania, Francia, Italia, Bélxica), e significa a primeira resposta seria e unificada ao que é umha política común de todos os estados agrupados baixo a Unión Europea.

Desde que comezou a crise houbo multitude de ocasións para esta convocatoria, cando os gregos enfrontaron as políticas e chamaron, desde a Acrópoles Ateniense, a que os pobos europeos se levantaran, ate nos momentos nos que dun xeito non programado as manifestacións na rúa confluían como ha un mes, que na mesma semana alemáns, franceses, italianos, portugueses, españois, galegos, saíamos á rúa. Mesmo cando o 29 de marzo no Estado Español houbo unha folga Xeral con poucos días de diferenza con outra convocada en Portugal. En todas as ocasións a CES non chamou á solidariedade, e limitouse a facer convocatorias formais noutras datas, dirixidas aos/as delegados e liberados sindicais. Esta é a primeira convocatoria que atinxe o conxunto da clase traballadora europea.
 
É un feito que os ritmos da crise económica e social conflúen nos tempos na Unión Europea, poren, era insustentable por parte das cúpulas sindicais a súa política de illamento estatal das loitas, separando baixo as fronteiras á clase traballadora. A realidade ficou por imporse ás políticas defensivas, e agora teñen que convocar esta Xornada de Loita para o 14N.

Por outra banda, é tamén un feito que esta convocatoria, sendo xusta e necesaria, é feita desde as cúpulas, sen o menor proceso de asembleas nos centros de traballo onde se debata, non só a súa necesidade, senón a súa continuidade. Porque sería de ilusos pensar que un día de loita vai parar un proxecto estratéxico do capital, a refundación da Unión Europea sobre a base dun retroceso brutal nas condicións de traballo e vida de toda a clase traballadora europea, sen distingos nacionais.

Aínda así, o simple feito da súa convocatoria é un avance político de primeiro orde na unidade fronte aos recortes, os axustes, decididos no Ecofin, no Mede, desde Bruxelas, e aplicados por todos os gobernos estatais e nacionais, teñan a cor que teñan.
Sabemos que para poder aplicar as medidas de axustes, o réxime, a través do goberno de turno, non so esta aplicando dunha maneira restritiva as actuais leis, senón que prepara futuros choques sociais endurecendo as leis penais. Para elo a reforma do Código Penal non responde tanto á gravidade dos enfrontamentos actuais, senón á previsión que fan que a crise vai trastocar as relacións sociais construidas baixo o Estado do Benestar, abrindo unha greta social entre ricos e pobres. Da mesma maneira que no laboral e social asistimos a un retroceso de 70 anos.

Márcase o camiño da loita con garantías, a unidade da clase traballadora europea que arrastre tras de si ao conxunto da poboación traballadora.

Coruña en Loita apoia con todo esta convocatoria, mais opina, primeiro que non pode cinguirse a un día de loita, senón que ten que ter umha continuidade ate derrotar os plans da Unión Europea.

Segundo, é preciso un plan de continuidade discutido e aprobado nas asembleas dos centros de traballo de toda Europa.

Terceiro, a coordinación das loitas non poden ficar nas mans das cúpulas actuais das CES, que levan ducias de anos demostrando que son uns servidores da Europa do Capital, senón que as correntes sindicais combativas teñen que avanzar na súa coordinación europea, que garanta ese plan.

A unidade da clase obreira máis numerosa e organizada do mundo pode supor un cambio na correlación de forzas na loita internacional que desde os EE UU ate China, desde o mundo árabe ate América Latina, veñen desenvolvendo os pobos contra o capitalismo e a súa depredación da sociedade e a natureza.

No camiño da Folga Xeral Indefinida ata tumbalos !


A Coruña, 30.10.12

A Coruña en Loita.

sábado, 27 de outubro de 2012

Sobre problemas nas enquisas.


Informamos que por poblemas tecnicos que descoñecemos, os resultados das enquisas feitas teñense borrado. É por esto que temolas eliminado.
Gracias pola vosa compresión.



quarta-feira, 17 de outubro de 2012

Apoiar a loita estudantil ! Por un ensino publico de calidade e gratuito !



Dende A Coruña en Loita queremos amosar o noso total respaldo á folga estudantil e ás protestas contra os recortes no ensino, que poñen en perigo o sistema público de educación.
O ensino, público, de calidade e gratuíto é unha reivindicación histórica dos traballadores e traballadoras que garante o futuro dos nosos fillos e fillas e non pode ser obxectode ningún recorte nin privatizacións.
As medidas reaccionarias do goberno de Rajoy e seu ministro franquista de educación, teñen que ter un amplo rexeitamento na sociedade, na nosa comarca, na nosa cidade. Hai que poñer fin ao goberno de Feijóo e de Rajoy, no camiño doutra sociedade pensada por e para o pobo e non para unha casta privilexiada e corrupta insensible á dor e ao sufrimento de millónsde traballadores e traballadoras sen desemprego, dos desafiuzadosdas súas vivendas, dos estafados polos banco-delincuentes....

Sumámonos, pois, ás reivindicacións dos estudantes e das súas  nais e pais, e facemos un enérxicochamado a participación nestas xornadas de loita polo ensino público e entre todos e todas, a poñer fin á este réxime anti-democrático e anti-popular.

Viva a loita estudantil !

Por un ensino público, gratuíto e de calidade !
A Coruña, outubro do 2012.

A Coruña en Loita

IMAXES da Manifestación de A Coruña




LEGALIZADA A MANIFESTACIÓN EN VIGO. Comunicado do Sindicato de Estudantes.




MANIFESTACIÓN LEGALIZADA EN VIGO - ¡GAÑAMOS!


 O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dá a razón ao Sindicato de Estudantes e autoriza a manifestación de estudantes do 17 de outubro

 O pasado mes de setembro a Xunta Electoral de Pontevedra a través da subdelegación do Goberno en Pontevedra prohibía a celebración da manifestación para o mércores 17 de outubro que o Sindicato de Estudantes comunicara realizar en Vigo contra os recortes e en defensa do ensino público, no marco da folga xeral de estudantes convocada para os días 16, 17 e 18 de outubro. A escusa para leste atropelo ao dereito de reunión e manifestación era que coincidía coa campaña electoral.

Con esta medida absolutamente antidemocrática a dereita pretendía silenciar e impedir a resposta da comunidade educativa ao seu intento de desmantelar a educación. A Xunta e o Goberno do PP saquean as arcas públicas e regalan a espuertas diñeiro ás mans dos banqueiros, e cando os mozos e os traballadores protestamos contra isto, intentan prohibir as nosas manifestacións ou reprimirnos.

O Sindicato de Estudantes recorreu esta decisión da Xunta electoral interpoñendo un recurso contencioso-administrativo e lanzamos unha campaña pública en todos os centros de estudo ed Galicia e a nivel estatal e de envío de resolucións ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na que participaron centenares de sindicalistas, pais, nais, estudantes e asociacións de todo o estado.

Finalmente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deu a razón ao Sindicato de Estudantes revoCando a prohibición da manifestación en Vigo. ¡gañamos!

¡Todos ás manifestacións o 17 de outubro!

Vigo: Ás 12 en Praza América

A Coruña: Ás 12h. en Praza dá Palloza.

Compostela: Ás 12h. na Praza do Toural (cita previa 11h. na Alameda)

Ferrol: no edificio da Xunta (praza de España)

Lugo: Ás 12h. na Avenida Ramón Ferreiro

3 XORNADAS DE LOITA NO ENSINO

 
 
 
 
 
 
O pasado 11 de outubro milleiros e milleiros de estudantes saiamos á rúa nun escenario histórico e completamente diferente ás mobilizacións impulsadas até o de agora, culminando a campaña estudantil internacional “11X12 Educación do pobo e para os pobos” con máis de 60 manifestacións e concentracións en todo o Estado para protestar contra as reformas no ensino e para reclamar o dereito á soberanía dos pobos.
Estudantes de todos os pobos baixo a xurisdicción do Estado Español tomamos as rúas para facer fronte ás políticas privatizadoras e aos ataques que está a sufrir o ensino público. As organizacións impulsoras, entre as que se atopaba a Liga Estudantil Galega, quixemos destacar o sentido soberanista e de esquerda da xornada e da campaña que se levou a cabo. Como organizacións estudantís combativas, soubemos estar á altura das circunstancias e asumimos a nosa responsabilidade cos nosos pobos, dando pasos para a unidade de acción entre eles.
No contexto no que nos inserimos, onde o capitalismo agoniza dunha forma cada día máis evidente e amosa a súa face máis brutal e despiadada, a mocidade galega en xeral e o estudantado en particular non pode quedar á marxe. Os gobernos galego e español seguen os ditados das políticas neoliberais e afogan día tras día a quen non creou esta crise, as clases populares, que ven reducidos de xeito sistemático os seus dereitos. E é a educación un dos eidos que os especuladores sinalaron para o seu total e progresivo desmantelamento. Só así se explica o camiño trazado de mercantilización e progresiva privatización de servizos, querendo facer do ensino un negocio moi rendíbel para os seus intereses, cuestión sobre a que o nacionalismo leva advertindo moito tempo.
Por todo isto, o 17 de outubro estaremos de novo na rúa, como o fixemos sempre, contra os recortes, contra as políticas mercantilizadoras e privatizadoras do ensino, contra as políticas do Partido Popular na Xunta e no Estado, contra Wert, contra Rajoy e contra Feijoo.
Mais tamén dicimos que non podemos caer no erro de reivindicar simplemente a volta ao estado do sistema educativo anterior ás reformas porque as medidas lesivas co mesmo non responden só aos caprichos do Ministro de Educación ou a unha mala xestión do goberno de turno, é un plan ideado e trazado polo capital transnacional que só se pode combater denunciando o sistema explotador no que nos inserimos. Por isto demandamos a soberanía nacional e reivindicamos unha democracia real para o noso pobo que ten que pasar indubidablemente pola superación do capitalismo e pola construción dunha alternativa xusta e igualitaria, unha sociedade socialista.
Polo tanto apoiamos e subscribimos as convocatorias que se teñen realizado de folga estudantil e manifestacións para ese día.
Santiago de Compostela ás 12 horas na Praza do Toral.
A Coruña ás 12 horas na Praza da Palloza.
Ferrol ás 12 horas na Praza 10 de Marzo.
Lugo ás 12 horas na Biblioteca Intercentros.
Ourense ás 12 horas diante da Delegación da Consellaría de Educación (Rúa Concello).
Pontevedra ás 12 horas diante da Subdelegación do Goberno.
Vigo ás 12 horas na Praza de América.
A Guarda ás 12 horas diante do IES A Sangriña.
Allariz ás 12 horas diante do IES de Allariz
Arzúa ás 12:30 horas diante do IES de Arzúa.
Betanzos ás 12 horas diante dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas (Avenida da Coruña)
Burela ás 12 horas diante do Monte Castelo.
Carballo ás 12 horas na Praza do Concello.
Moaña ás 12 horas diante do IES As Barxas
Noia ás 12 horas Alameda, diante IES Virxe do Mar.
O Barco de Valdeorras ás 12 horas diante do IES Lauro Olmo.
Ponteareas ás 12 horas na rúa Feliciano Barrera (diante dos IES)
Ribadeo ás 12 horas diante do IES Ribadeo (antigo IES Gamallo Fierros)
Verín ás 12 horas diante do IES Xesús Taboada Chivite (Avenida de Portugal).
Vilagarcía ás 12 horas na Praza de Galiza.
Xinzo da Limia ás 12 horas na Praza Maior.
Ribeira ás 12 horas diante do IES Leliadoura.
Cee ás 12 horas diante do IES Fernando Blanco.


Coa loita estudanti conseguirémolo!
Organízate e loita con nós!