quinta-feira, 15 de novembro de 2012

Imaxes da manifestación na Coruña.

Dende A Coruña en Loita queremos saudar a grande movilización do pobo traballador de A Coruña e comarca que ten amosado seu rexeitamento as medidas do goberno monicreque da banca e da chamada "troika" e publicaremos a imaxes das mesmas que nos remitan as nosas lectoras e lectores.
 
 
 

domingo, 11 de novembro de 2012

Propaganda preparando a folga xeral del 14 N.-


REPUDIO AOS BANCOTERRORISTAS NA CORUÑA.

Onte perto de medio centenar de persoas concentraronse, en rexime de autoconvocatoria seu rexeitamento aos desfiuzamentos que, tanto na Galiza como no resto do Estado, levan adiante as "entidades bancaria" moitas delas rescatadas co diñeiro publico.
Entre os manifestantes atopabanse representantes de diversos colectivos e orgaizacions polìticas da cidade, que berraron consignascontra os bancoterroristas e o goberno e pola folga xeral.
Asi mesmo informouse dunha nova accion do colectivo Stop deasahucios o vindeiro martes as 11:30 na rúa Juan Florez.


sábado, 10 de novembro de 2012

ÁS 20:00 h. No OBELISCO ! Nunca mais asasinatos legalizados.

 
A C U D E !
10.11.12
ÁS 20:00h
NO OBELISCO
 
Concentración urxente de protesta polos desafiuzamentos
 
Todas e todos contra os bancoterroristas !
 
Todas e todos pola folga xeral ata tumbalos !

sexta-feira, 9 de novembro de 2012

PROTESTAS NOS XULGADOS

A avogacía, en loita contra a "Xustiza para ricos" de Gallardón

Redacción | @prazapublica
A crise e os recortes gobernamentais están a deixar imaxes inéditas e este venres produciuse unha máis. Milleiros de profesionais da avogacía saíron ás portas dos xulgados de todo o Estado para amosar o seu rexeitamento ao proxecto de lei de taxas xudiciais, o plan liderado polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, que se é aprobado sen modificacións dará lugar a paradoxos como que a interposición dun recurso contra unha multa de 100 euros custará 200 euros. En 45 concentracións en todos os partidos xudiciais galegos os avogados e avogadas do país, convocados polo Consello da Avogacía Galega, amosaron a súa posición frontal contra o que consideran "unha gravísima restrición, inédita na democracia, dos dereitos da cidadanía no acceso á Xustiza.
En opinión do Consello, que agrupa a todos os colexios galegos de avogados, a "principal vítima" do "abuso" que proxecta o gabinete de Mariano Rajoy non son os e as profesionais do Dereito, senón "a cidadanía, que non poderá acceder á Administración de Xustiza" aínda que a "sufraga cos seus impostos". "Cando recorra" aos tribunais, explican, a cidadanía "atopará unha carga económica intencionada, xa que o Ministerio defende a súa proposta polo seu efecto disuasorio".
Neste sentido, nunha comparecencia ante a prensa previa á concentración da Coruña o presidente do Consello e decano dos avogados coruñeses, Antonio Platas, fixo especial fincapé en que as protestas non se están a desenvolver en beneficio da avogacía, senón "para a cidadanía". As mobilizacións, explica, prodúcense como resposta "ao maior recorte de dereitos e liberdades dende que se instaurou a democracia". Isto sucede ademais, reprocha, despois de que "no mes de febreiro" representantes dos avogados "mantivemos unha reunión co ministro Gallardón e díxonos que consultaría coa avogacía calquera cambio que puidese propoñer". Polo tanto, explica, "este proxecto amosa a súa absoluta deslealdade, ademais de ter unhas graves consecuencias para a sociedade: haberá unha Xustiza para ricos e o pobre terá que axeonllarse", ilustra.
"Haberá unha Xustiza para ricos e o pobre terá que axeonllarse", di o presidente do Consello da Avogacía Galega
Platas non dubida do enorme impacto que terá a imposición de taxas. O proxecto gobernamental "córtalle os pés á Xustiza e, de se aprobar, o 40% dos cidadáns españois non poderán acudir a ela". Mentres segue adiante co seu plan Alberto Ruiz-Gallardón tenta "poñer a cidadanía contra a avogacía", alerta, xa que o ministro "di que as taxas son para pagarnos a nós, cando non é certo". Así, explican dende o Consello, o "acceso ao xuíz vai resultar abusivo e oneroso nalgúns casos", a saber: a taxa dunha apelación "ascendería a 800 euros". "Este proxecto promove a inxustiza social", aseguran, xa que "as persoas con menos recursos económicos terán máis dificultades para acceder á xustiza", polo que o recorte será para "os dereitos dos máis pobres", máis aínda tendo en conta que "para coñecer a contía das taxas se establece unha parte fixa máis unha cantidade variable, cun máximo de 10.000 euros para todo". Deste xeito, din, "a contía será a mesma para unha persoa física" e "para unha mediana empresa".

sexta-feira, 2 de novembro de 2012

SOLIDARIEDADE COAS MULLERES DE BARILLAS.

Coyuntura Guatemala

Petición de solidaridad con las mujeres y la población de Barillas

El 25 de octubre de 2012 las mujeres de los diez presos políticos del caso HIDROSANTA CRUZ y otras mujeres de Barillas entregaron a la municipalidad una carta en la que denuncian la manipulación, intimidación y amenazas que están viviendo tanto ellas como las personas de sus comunidades y plantean sus exigencias.
Las mujeres firmantes solicitan nuestro apoyo mediante recolección de firmas como respaldo que entregarán a la municipalidad de Barillas y a otras instituciones.
En el siguiente enlace encontrarán la carta completa y mayor información sobre el caso, y podrán mostrar su apoyo a las reivindicaciones de las mujeres de Barillas mediante su adhesión a la carta:
 


quinta-feira, 1 de novembro de 2012

Afectados pola estafa bancaria ocupan oficina central de NGB.

Onte, dia 31 de octubro, medio centenar de afectados e afectadas pola estafa das preferentes ocuparon por espacio dunha hora á oficina central de NGB, na rúa Nova.
Esta nova accion de protesta promovida pola Plataforma de Afectados polas preferentes y subordinadas de A Coruña, amosa a firme decisión de continuar coas protestas ata conquerir a devolución total do diñeiro roubado polos bancodelincuentes Gayoso, Mendez, Etc. Asi como reclamar o  proceso dos mesmos por estafa continuada e fraude.

CGT-Galiza non se adhire á Alianza Social Galega.




Diario Liberdade CGT - de Galiza adoptou o acordo, na súa última Plenaria, de non adherir á Alianza Social Galega, constituida a semana pasada por varios sindicatos e organizacións. Os motivos da CGT para tomar esta resolución son, fundamentalmente e entre outros, os seguintes:
  • a) O manifesto é unha declaración con moitas incongruencias e que dá cabida a todo tipo de reivindicacións, co único sentido de incluir as teimas de cada grupo, sen facer un discurso coherente.
  • b) O manifesto afirma que os problemas de Galiza parten da falta de competencias do Parlamento galego e do ataque ao idioma por parte do goberno central, afirmación non só discutible e simplista, senón que reduce as expectativas de loita ao ámbito político, deixando á poboación como simple comparsa nas mobilizacións que se poden facer desde a Alianza.
  • c) Elévase á categoría de principais forzas galegas aos autónomos, para os que se chega a pedir axudas individuais e para as súas organizacións, sen ningún tipo de discriminación e sen ter en conta que moitos deles son simples empresarios e explotadores do seu persoal.

quarta-feira, 31 de outubro de 2012

Comunicado sobre a Folga Xeral Europea.

 
 
 
 
Para o 14 de novembro as organizacións sindicais maioritarias na Unión Europea, agrupadas na Confederación Europea de Sindicatos (CES), da que fan parte CCOO e UXT entre outros, veñen de convocar umha Xornada de Mobilizacións, Folgas e Manifestacións contra os recortes nos dereitos sociais e laborais da poboación traballadora, impulsados desde Bruxelas.

A Xornada consistirá desde Folgas Xerais en estados como Portugal, Grecia, Chipre, Malta ou o Estado Español, ate manifestacións, folgas parciais, etc., etc, en outros estados (Alemania, Francia, Italia, Bélxica), e significa a primeira resposta seria e unificada ao que é umha política común de todos os estados agrupados baixo a Unión Europea.

Desde que comezou a crise houbo multitude de ocasións para esta convocatoria, cando os gregos enfrontaron as políticas e chamaron, desde a Acrópoles Ateniense, a que os pobos europeos se levantaran, ate nos momentos nos que dun xeito non programado as manifestacións na rúa confluían como ha un mes, que na mesma semana alemáns, franceses, italianos, portugueses, españois, galegos, saíamos á rúa. Mesmo cando o 29 de marzo no Estado Español houbo unha folga Xeral con poucos días de diferenza con outra convocada en Portugal. En todas as ocasións a CES non chamou á solidariedade, e limitouse a facer convocatorias formais noutras datas, dirixidas aos/as delegados e liberados sindicais. Esta é a primeira convocatoria que atinxe o conxunto da clase traballadora europea.
 
É un feito que os ritmos da crise económica e social conflúen nos tempos na Unión Europea, poren, era insustentable por parte das cúpulas sindicais a súa política de illamento estatal das loitas, separando baixo as fronteiras á clase traballadora. A realidade ficou por imporse ás políticas defensivas, e agora teñen que convocar esta Xornada de Loita para o 14N.

Por outra banda, é tamén un feito que esta convocatoria, sendo xusta e necesaria, é feita desde as cúpulas, sen o menor proceso de asembleas nos centros de traballo onde se debata, non só a súa necesidade, senón a súa continuidade. Porque sería de ilusos pensar que un día de loita vai parar un proxecto estratéxico do capital, a refundación da Unión Europea sobre a base dun retroceso brutal nas condicións de traballo e vida de toda a clase traballadora europea, sen distingos nacionais.

Aínda así, o simple feito da súa convocatoria é un avance político de primeiro orde na unidade fronte aos recortes, os axustes, decididos no Ecofin, no Mede, desde Bruxelas, e aplicados por todos os gobernos estatais e nacionais, teñan a cor que teñan.
Sabemos que para poder aplicar as medidas de axustes, o réxime, a través do goberno de turno, non so esta aplicando dunha maneira restritiva as actuais leis, senón que prepara futuros choques sociais endurecendo as leis penais. Para elo a reforma do Código Penal non responde tanto á gravidade dos enfrontamentos actuais, senón á previsión que fan que a crise vai trastocar as relacións sociais construidas baixo o Estado do Benestar, abrindo unha greta social entre ricos e pobres. Da mesma maneira que no laboral e social asistimos a un retroceso de 70 anos.

Márcase o camiño da loita con garantías, a unidade da clase traballadora europea que arrastre tras de si ao conxunto da poboación traballadora.

Coruña en Loita apoia con todo esta convocatoria, mais opina, primeiro que non pode cinguirse a un día de loita, senón que ten que ter umha continuidade ate derrotar os plans da Unión Europea.

Segundo, é preciso un plan de continuidade discutido e aprobado nas asembleas dos centros de traballo de toda Europa.

Terceiro, a coordinación das loitas non poden ficar nas mans das cúpulas actuais das CES, que levan ducias de anos demostrando que son uns servidores da Europa do Capital, senón que as correntes sindicais combativas teñen que avanzar na súa coordinación europea, que garanta ese plan.

A unidade da clase obreira máis numerosa e organizada do mundo pode supor un cambio na correlación de forzas na loita internacional que desde os EE UU ate China, desde o mundo árabe ate América Latina, veñen desenvolvendo os pobos contra o capitalismo e a súa depredación da sociedade e a natureza.

No camiño da Folga Xeral Indefinida ata tumbalos !


A Coruña, 30.10.12

A Coruña en Loita.