sábado, 20 de outubro de 2012
quarta-feira, 17 de outubro de 2012
Apoiar a loita estudantil ! Por un ensino publico de calidade e gratuito !
Dende A Coruña en Loita queremos amosar o noso total respaldo á folga estudantil e ás protestas contra os recortes no ensino, que poñen en perigo o sistema público de educación.
O ensino, público, de calidade e gratuíto é unha reivindicación histórica dos traballadores e traballadoras que garante o futuro dos nosos fillos e fillas e non pode ser obxectode ningún recorte nin privatizacións.
As medidas reaccionarias do goberno de Rajoy e seu ministro franquista de educación, teñen que ter un amplo rexeitamento na sociedade, na nosa comarca, na nosa cidade. Hai que poñer fin ao goberno de Feijóo e de Rajoy, no camiño doutra sociedade pensada por e para o pobo e non para unha casta privilexiada e corrupta insensible á dor e ao sufrimento de millónsde traballadores e traballadoras sen desemprego, dos desafiuzadosdas súas vivendas, dos estafados polos banco-delincuentes....
Sumámonos, pois, ás reivindicacións dos estudantes e das súas nais e pais, e facemos un enérxicochamado a participación nestas xornadas de loita polo ensino público e entre todos e todas, a poñer fin á este réxime anti-democrático e anti-popular.
Viva a loita estudantil !
Por un ensino público, gratuíto e de calidade !
A Coruña, outubro do 2012.
A Coruña en Loita
LEGALIZADA A MANIFESTACIÓN EN VIGO. Comunicado do Sindicato de Estudantes.
MANIFESTACIÓN LEGALIZADA EN VIGO - ¡GAÑAMOS!
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dá a razón ao Sindicato de Estudantes e autoriza a manifestación de estudantes do 17 de outubro
O pasado mes de setembro a Xunta Electoral de Pontevedra a través da subdelegación do Goberno en Pontevedra prohibía a celebración da manifestación para o mércores 17 de outubro que o Sindicato de Estudantes comunicara realizar en Vigo contra os recortes e en defensa do ensino público, no marco da folga xeral de estudantes convocada para os días 16, 17 e 18 de outubro. A escusa para leste atropelo ao dereito de reunión e manifestación era que coincidía coa campaña electoral.
Con esta medida absolutamente antidemocrática a dereita pretendía silenciar e impedir a resposta da comunidade educativa ao seu intento de desmantelar a educación. A Xunta e o Goberno do PP saquean as arcas públicas e regalan a espuertas diñeiro ás mans dos banqueiros, e cando os mozos e os traballadores protestamos contra isto, intentan prohibir as nosas manifestacións ou reprimirnos.
O Sindicato de Estudantes recorreu esta decisión da Xunta electoral interpoñendo un recurso contencioso-administrativo e lanzamos unha campaña pública en todos os centros de estudo ed Galicia e a nivel estatal e de envío de resolucións ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na que participaron centenares de sindicalistas, pais, nais, estudantes e asociacións de todo o estado.
Finalmente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deu a razón ao Sindicato de Estudantes revoCando a prohibición da manifestación en Vigo. ¡gañamos!
¡Todos ás manifestacións o 17 de outubro!
Vigo: Ás 12 en Praza América
A Coruña: Ás 12h. en Praza dá Palloza.
Compostela: Ás 12h. na Praza do Toural (cita previa 11h. na Alameda)
Ferrol: no edificio da Xunta (praza de España)
Lugo: Ás 12h. na Avenida Ramón Ferreiro
3 XORNADAS DE LOITA NO ENSINO
O pasado 11 de outubro milleiros e milleiros de estudantes saiamos á rúa nun escenario histórico e completamente diferente ás mobilizacións impulsadas até o de agora, culminando a campaña estudantil internacional “11X12 Educación do pobo e para os pobos” con máis de 60 manifestacións e concentracións en todo o Estado para protestar contra as reformas no ensino e para reclamar o dereito á soberanía dos pobos.
Estudantes de todos os pobos baixo a xurisdicción do Estado Español tomamos as rúas para facer fronte ás políticas privatizadoras e aos ataques que está a sufrir o ensino público. As organizacións impulsoras, entre as que se atopaba a Liga Estudantil Galega, quixemos destacar o sentido soberanista e de esquerda da xornada e da campaña que se levou a cabo. Como organizacións estudantís combativas, soubemos estar á altura das circunstancias e asumimos a nosa responsabilidade cos nosos pobos, dando pasos para a unidade de acción entre eles.
No contexto no que nos inserimos, onde o capitalismo agoniza dunha forma cada día máis evidente e amosa a súa face máis brutal e despiadada, a mocidade galega en xeral e o estudantado en particular non pode quedar á marxe. Os gobernos galego e español seguen os ditados das políticas neoliberais e afogan día tras día a quen non creou esta crise, as clases populares, que ven reducidos de xeito sistemático os seus dereitos. E é a educación un dos eidos que os especuladores sinalaron para o seu total e progresivo desmantelamento. Só así se explica o camiño trazado de mercantilización e progresiva privatización de servizos, querendo facer do ensino un negocio moi rendíbel para os seus intereses, cuestión sobre a que o nacionalismo leva advertindo moito tempo.
Por todo isto, o 17 de outubro estaremos de novo na rúa, como o fixemos sempre, contra os recortes, contra as políticas mercantilizadoras e privatizadoras do ensino, contra as políticas do Partido Popular na Xunta e no Estado, contra Wert, contra Rajoy e contra Feijoo.
Mais tamén dicimos que non podemos caer no erro de reivindicar simplemente a volta ao estado do sistema educativo anterior ás reformas porque as medidas lesivas co mesmo non responden só aos caprichos do Ministro de Educación ou a unha mala xestión do goberno de turno, é un plan ideado e trazado polo capital transnacional que só se pode combater denunciando o sistema explotador no que nos inserimos. Por isto demandamos a soberanía nacional e reivindicamos unha democracia real para o noso pobo que ten que pasar indubidablemente pola superación do capitalismo e pola construción dunha alternativa xusta e igualitaria, unha sociedade socialista.
Polo tanto apoiamos e subscribimos as convocatorias que se teñen realizado de folga estudantil e manifestacións para ese día.
Santiago de Compostela ás 12 horas na Praza do Toral.
A Coruña ás 12 horas na Praza da Palloza.
Ferrol ás 12 horas na Praza 10 de Marzo.
Lugo ás 12 horas na Biblioteca Intercentros.
Ourense ás 12 horas diante da Delegación da Consellaría de Educación (Rúa Concello).
Pontevedra ás 12 horas diante da Subdelegación do Goberno.
Vigo ás 12 horas na Praza de América.
A Guarda ás 12 horas diante do IES A Sangriña.
Allariz ás 12 horas diante do IES de Allariz
Arzúa ás 12:30 horas diante do IES de Arzúa.
Betanzos ás 12 horas diante dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas (Avenida da Coruña)
Burela ás 12 horas diante do Monte Castelo.
Carballo ás 12 horas na Praza do Concello.
Moaña ás 12 horas diante do IES As Barxas
Noia ás 12 horas Alameda, diante IES Virxe do Mar.
O Barco de Valdeorras ás 12 horas diante do IES Lauro Olmo.
Ponteareas ás 12 horas na rúa Feliciano Barrera (diante dos IES)
Ribadeo ás 12 horas diante do IES Ribadeo (antigo IES Gamallo Fierros)
Verín ás 12 horas diante do IES Xesús Taboada Chivite (Avenida de Portugal).
Vilagarcía ás 12 horas na Praza de Galiza.
Xinzo da Limia ás 12 horas na Praza Maior.
Ribeira ás 12 horas diante do IES Leliadoura.
Cee ás 12 horas diante do IES Fernando Blanco.
Coa loita estudanti conseguirémolo!
Organízate e loita con nós!
segunda-feira, 15 de outubro de 2012
Alianza Social Galega novo frente no camiño da unidade !
PRAZA PUBLICA. Este xoves celebrouse a primeira reunión de traballo da Alianza Social Galega, na que participaron as organizacións sindicais e sociais máis representativas, unhas 60 en total, críticas coa actual situación de crise que está a padecer a cidadanía galega, e coas políticas de recortes sociais e de dereitos que o goberno da Xunta está a aplicar. A Alianza Social Galega configúrase como "espazo plural e sectorial para a mobilización contra as políticas de recorte" e pretende xerar "o maior espazo de unidade e mobilización fronte aos recortes sociais e en dereitos, e na formulación de alternativas sociais fronte á crise". O vindeiro xoves 18 de outubro haberá unha segunda xuntanza deste grupo e nela presentarase publicamente o seu manifesto fundacional e as súas principais propostas. Esta Alianza Social segue un modelo semellante ao que leva funcionando un tempo noutros territorios do Estado baixo a fórmula dos Cumios Sociais, que buscan a converxencia entre sindicatos e outro tipo de movementos sociais
O vindeiro xoves 18 de outubro haberá unha segunda xuntanza deste grupo e nela presentarase publicamente o seu manifesto fundacional e as súas principais propostasO acordo comezou a forxarse no pasado mes de xullo ao abeiro das masivas manifestacións unitarias do dia 19 nas que participaron máis de 300 mil galegos e galegas. Ao longo de agosto o proceso quedou freado pero retomouse en setembro. E esta coincidencia de obxectivos e conciencia da necesidade de converxencia chegou até a xuntanza deste xoves, na que o groso das máis de 60 organizacións que participaron amosaron a súa disposición a conformar este espazo de debate e acción.
Forman parte desta Alianza os tres principais sindicatos: CC.OO, CIG e UGT, que lanzaron a convocatoria en xullo, ademais doutras organizacións sindicais máis minoritarias ou sectoriais. Ademais, están representadas ONGs, entidades culturais, de pais e nais, de autónomos, de veciños, de estudantes e de afectados por distintas causas. Algunhas delas aínda non aprobaron definitivamente a súa participación e farano nos vindeiros días, antes da xuntanza do 18.
O seu obxectivo "non é unicamente protestar" senón amosar que existen "alternativas á crise, ás actuais políticas e ao actual modelo"Algúns dos participantes na reunión amosan a súa satisfacción pola "coincidencia" e o "entusiasmo" amosado polas organizacións que formarán parte desta Alianza e salientan que o seu obxectivo "non é unicamente protestar" senón amosar que existen "alternativas á crise, ás actuais políticas e ao actual modelo". De igual xeito, recoñecen que "non é casual" que esta Alianza se presente a poucos dias das eleccións: "hai moitas formas de loitar contra as actuais politicas antisociais", din, e engaden que queren amosar con claridade a súa posición na campaña electoral.
Na xuntanza de hoxe, na que xa se comezou a discutir o borrador do manifesto que se presentará a semana que vén, púxose sobre a mesa a posibilidade de convocar unha folga xeral no mes de novembro. A idea acadou un amplo consenso entre a meirande parte dos participantes, tanto entre os sindicatos coma entre outros colectivos.
sábado, 13 de outubro de 2012
quarta-feira, 10 de outubro de 2012
11 de outubro Folga Xeral no ensino.
Como xa anunciaramos, o vindeiro día 11 de outubro celebrarase o día internacional de loita estudantil que impulsamos organizacións estudantís e xuvenís de todo o Estado Español.
Contra a precarización e a mercantilización do ensino, contra os recortes, sóbrannos motivos: Endurecemeento das probas de acceso á universidade: Cant@s menos alumn@s pasen esta barreira, máis elitista será a universidade. Suba das taxas nas Universidades: Xa non abondará con estar capacitado, senón que haberá que ser podente para ir á universidade. Universidade de clases. Prezos desorbitados dos mestrados: Se cos graos diciamos que se alongaba o Bacharelato, agora obrígannos a facer un mestrado para especializarnos, pero quen pode afrontar os gastos? Menos bolsas para doctorados: Estase a pechar a porta á investigación cada vez máis. Ou investigas para o mercado ou non hai bolsa. Reformas na organización das estruturas na universidade: Coa estratexia Universidade 2015 daranlle o poder dos organismos como o Consello Social a altos cargos de empresas. Esta é unha práctica antidemocrática. Como poden ter máis poder os axentes externos que o estudantado, que somos un suxeito activo da educación? Nova Lei de Infraccións e Sancións para a universidade: Queren impulsar unha universidade represiva contra as futuras loitas estudiantís. Pensarán que se lles pode ir das mans? Financiamento externo da universidade pública: Se o financiamento vén das empresas que teñen intereses propios, seremos libres para estudar e investigar o que coidemos conveniente? Devaluación das carreras universitarias: Como futur@s traballadores, estannos a obrigar a ser flexíbeis. Con isto, queren conseguir traballadores precari@s que teñan unha capacidade rápida de moldearse ao mercado. Incentivar as FPs: Do mesma xeito, as FPs son a peza chave para o mercado xa que non son títulos tan altos como os universitarios e poden ser flexíbeis, xa que están en mans do mercado. Practicas en empresas: Están incentivando prácticas nas empresas para que estas conten con traballadores temporais non remunerad@s para facer cousas que non teñen nada que ver co que estudamos. Adiantamento da idade para entrar en Fps e Bacharelato: Canto antes se clasifique o estudantado, máis rápido se poderá metelos no mercado. Supresión de profesores substitutos: O estudantado queda sen profesor, o que fará que o seguimento sexa moito menor. Máis alumnado por aula: Se con 25 alumn@s o fracaso escolar era alto, con 40 alumn@s por aula, cal sera a cifra? Haberá metodoloxías participativas ou clases maxistrais? Menos orzamentos en Educación: Non haberá materiais, libros, edificios… non teremos condicións dignas! Menos financiamento para as linguas minoritarias: Buscan afogar as linguas minoritarias de xeito económico. Prefiren eliminar a lingua dunha nación antes que o inglés, empregando como escusa a «falta de orzamentos». De educación para a cidadanía a estudar a constitución: Como o estado español é un invento, a única maneira de facernos entender que isto é España é meténdonos a constitución con calzador. Intención de centralizar a Educación: Non queren que a educación estea en mans dos pobos e do pobo, senón que estea centralizado no goberno e controlado polas empresas. @s estudantes sairemos á rúa!
#11×12 Xornada Internacional de loita estudantil!
Horário das mobilizaçons
Compostela: às 12 horas no Toral.
Corunha: às 12 horas na rotunda do campus de Elvinha.
Vigo: às 12 horas na Praça dos Cavalos.
Ponte Vedra: às 12 horas diante da Faculdade de Ciências Sociais e da Comunicaçom.
Ourense: às 12 horas diante da Conselharia de Educaçom.
Lugo: às 12:30 horas diante do prédio de Intercentros.
Assinar:
Postagens (Atom)










