terça-feira, 9 de outubro de 2012

domingo, 7 de outubro de 2012

Folga xeral, xa !



COMUNICADO

Diante da denuncia de torturas ás que foi sometido o compañeiro López Pintos, sindicalista da CIG no Ferrol ó pasado día catro de outubro, A Coruña en Loita quere manifestar a seu repudio e condena destes graves feitos e esiximos unha investigación por parte da Delegación do Goberno e a inmediata suspensión dos autores materiais e intelectuais distes feitos que baixo ningunha maneira pódense agachar.
A  tortura é unha practica covarde e inxustificable que, aínda hoxe, vemos como se practica con impunidade en certos centros de detención e cadeas do Estado español, segundo informes de organizacións internacionais como Amnistía Internacional.

Amosamos a nosa solidariedade e apoio ao compañeiro López Pintos e aos nosos compañeiros e compañeiras do Ferrol  vítimas da violencia reaccionaria dos corpos represivos do vello Estado burgués e o noso respaldo as mobilizacións de denuncia de tales feitos, que sexan convocadas polas forzas sindicais e sociais do noso pais.

A Coruña. 06.10.12

A Coruña en Loita


 

sábado, 6 de outubro de 2012

Denunciando á brutalidade policial contra os traballadores no Ferrol.

Comunicado de COMUNISTAS DA GALIZA con motivo dos acontecementos de Ferrol, no inicio da campaña electoral, e a detención do compañeiro Pintos.
Comunistas da Galiza, plataforma política unitaria da que participan a organización de Galiza do PCPE e o Colectivo Comunista Galego FORXA!, queremos denunciar con este comunicado a represión xeralizada contra o movemento obreiro e popular e os dereitos e líberdades democráticas, que está a desencadear o goberno oligárquico e reaccionario do PP, da que os feitos acontecidos na pasada madrugada en Ferrol, coincidindo co inicio da campaña electoral, son exemplo ilustrativo.
Unha vez máis, e seguindo a pauta represiva deste goberno fronte a crecente e masiva mobilización do pobo traballador, unha concentración de traballadores do sector naval ferrolán (xunto cos de Poligal) fronte ao establecemento hoteleiro onde o PP dispúñase a abrir campaña electoral, foi reprimida pola intervención policial inxustificada, saldándose coa detención premeditada do camarada Anxo Pintos, secretario comarcal da CIG, que foi trasladado á comisaria local. Unha vez nas dependencias, e ficando nelas durante toda a noite, sen que fose presentado ante xulgado ata o día seguinte ao mediodía, foi sometido a maos tratos, ameazas e TORTURAS, esposado a unha cadeira e golpeado cunha luva de coiro regularmente durante o tempo da súa detención.
Estes feitos, postos en coñecemento do xulgado durante a súa comparecencia e posterior liberación, son dunha gravidade tal, que pon de manifesto o grao de degradación á que chegou este goberno e mandos e axentes obedientes ás súas instrucións, para empregar a persecución policial e xudicial contra militantes e dirixentes do movemento obreiro e sindical, ata o extremo da TORTURA como métodos da súa “orde públíca”. Esta, experimentada polos mineiros asturianos, leoneses e aragoneses, polos estudantes valenciáns, pola xente do pobo madrileña, pola clase obreira en distintos conflitos e en todas as nacións e territorios do Estado, xunto ás intencións de modificacións de normativas no terreo dos dereitos e liberdades fundamentais como manifestación, xuntanza e folga, e o ton e o contido dos posicionamentos públicos da dirixencia ultradereitista do PP, ensínanos e alértanos sobre a os riscos desta escalada represiva contra todo o pobo, asentado os alicerces do fascismo como eventual saída oligárquica á fonda crise política, económica e social que estamos a viver.
Facemos un chamamento á máis ampla unidade de todas as forzas políticas e sindicais do movemento obreiro e popular, para que na rúa, e desde as fábricas e centros de traballo, respostemos coa contundencia necesaria fronte a esta ofensiva para derrocar a este goberno coa mobilización, levando con el á crise política terminal a este podre réxime monárquico, digno e incuestionábel sucesor da sanguenta ditadura que o pariu.

Folga xeral no ensino o vindeiro 11 de octubro.






Como xa anunciaramos, o vindeiro día 11 de outubro celebrarase o día internacional de loita estudantil que impulsamos organizacións estudantís e xuvenís de todo o Estado Español. Contra a precarización e a mercantilización do ensino, contra os recortes, sóbrannos motivos: Endurecemeento das probas de acceso á universidade: Cant@s menos alumn@s pasen esta barreira, máis elitista será a universidade. Suba das taxas nas Universidades: Xa non abondará con estar capacitado, senón que haberá que ser podente para ir á universidade. Universidade de clases. Prezos desorbitados dos mestrados: Se cos graos diciamos que se alongaba o Bacharelato, agora obrígannos a facer un mestrado para especializarnos, pero quen pode afrontar os gastos? Menos bolsas para doctorados: Estase a pechar a porta á investigación cada vez máis. Ou investigas para o mercado ou non hai bolsa. Reformas na organización das estruturas na universidade: Coa estratexia Universidade 2015 daranlle o poder dos organismos como o Consello Social a altos cargos de empresas. Esta é unha práctica antidemocrática. Como poden ter máis poder os axentes externos que o estudantado, que somos un suxeito activo da educación? Nova Lei de Infraccións e Sancións para a universidade: Queren impulsar unha universidade represiva contra as futuras loitas estudiantís. Pensarán que se lles pode ir das mans? Financiamento externo da universidade pública: Se o financiamento vén das empresas que teñen intereses propios, seremos libres para estudar e investigar o que coidemos conveniente? Devaluación das carreras universitarias: Como futur@s traballadores, estannos a obrigar a ser flexíbeis. Con isto, queren conseguir traballadores precari@s que teñan unha capacidade rápida de moldearse ao mercado. Incentivar as FPs: Do mesma xeito, as FPs son a peza chave para o mercado xa que non son títulos tan altos como os universitarios e poden ser flexíbeis, xa que están en mans do mercado. Practicas en empresas: Están incentivando prácticas nas empresas para que estas conten con traballadores temporais non remunerad@s para facer cousas que non teñen nada que ver co que estudamos. Adiantamento da idade para entrar en Fps e Bacharelato: Canto antes se clasifique o estudantado, máis rápido se poderá metelos no mercado. Supresión de profesores substitutos: O estudantado queda sen profesor, o que fará que o seguimento sexa moito menor. Máis alumnado por aula: Se con 25 alumn@s o fracaso escolar era alto, con 40 alumn@s por aula, cal sera a cifra? Haberá metodoloxías participativas ou clases maxistrais? Menos orzamentos en Educación: Non haberá materiais, libros, edificios… non teremos condicións dignas! Menos financiamento para as linguas minoritarias: Buscan afogar as linguas minoritarias de xeito económico. Prefiren eliminar a lingua dunha nación antes que o inglés, empregando como escusa a «falta de orzamentos». De educación para a cidadanía a estudar a constitución: Como o estado español é un invento, a única maneira de facernos entender que isto é España é meténdonos a constitución con calzador. Intención de centralizar a Educación: Non queren que a educación estea en mans dos pobos e do pobo, senón que estea centralizado no goberno e controlado polas empresas. @s estudantes sairemos á rúa!

#11×12 Xornada Internacional de loita estudantil!

Horário das mobilizaçons
Compostela: às 12 horas no Toral.
Corunha: às 12 horas na rotunda do campus de Elvinha.
Vigo: às 12 horas na Praça dos Cavalos.
Ponte Vedra: às 12 horas diante da Faculdade de Ciências Sociais e da Comunicaçom.
Ourense: às 12 horas diante da Conselharia de Educaçom.
Lugo: às 12:30 horas diante do prédio de Intercentros.

Imaxes da carga policial contra os traballadores de Navantia.

FERROL: Brutalidade policial contra os traballadores.

Imaxe da saida do xusgado de Ferrol do portavoz comarcal da CIG compañeiro Lopez Pintos onde declarou que foi sometido a insultos, amedrentamento e torturas na comisaria da Policia Nacional.
O compañeiro Lopez Pintos foi detido onte no transcurso dunha protesta dos traballadores do naval diante do cêntrico Hotel Almirante, no que celebrabase a inicio da campaña eleitoral do PP.
Amosamos dende este espacio de información a nosa solidaredade e apoio có compañeiro e nosa taxante denuncia da brutalidade policial.
Permaneceremos atentos as posibles convocatorias de repudio desta covarde acción policial.

quarta-feira, 3 de outubro de 2012

PECHE DO COMITÉ DE EMPRESA NA XERENCIA DO CHUAC.


Imaxe dunha concentración diante da sede do Serga na rúa Duran Loriga.

La opinión

Un grupo de traballadores, organizado pola Plataforma en Defensa Galega dous Servizos Pública, volver o mércores a xestión do edificio Coruña Universidade Complexo HospitalarIio (Chuac) para protestar contra os recortes na saúde e defensa utilidades.

En declaracións á prensa, a responsable de saúde da CIG, María Seijo, queixouse de que "non se pode continuar neste camiño de destrución dos servizos públicos." "Cos recortes que estamos experimentando en todos os centros están a pagar a débeda", afirmou.

Tamén salientou que a demanda de traballadores públicos "vai máis alá da demanda de traballo." "Estamos xogando o futuro da sociedade", dixo Seijo antes indicando que os recortes que están sendo feitos na área da saúde "estamos condenados a vivir en risco a saúde ea vida."

"Estamos argumentando que iso non volva a facer unha institución de caridade de saúde", dixo a responsable de saúde da CIG, que espera "que non hai cura para os ricos e outra para pobres". "Todo o mundo ten dereito", decidiu.

Hai que parar o PXOM !!