sexta-feira, 11 de maio de 2012

Importantes mobilizacions contra os recortes no ensino e na sanidade.

Imaxe da manifestación na Coruña na que a unidade de acción dos sindicatos estudantes rachou a ultima hora. / La voz de Galicia

Imaxe da mobilización dos traballadores e traballadoras do CHUAC / La voz de Galicia


quinta-feira, 10 de maio de 2012

8 razóns para volver á rúa o 12M e seguir loitando.

Mobilización Mundial: 12 de maio manifestación na Coruña

Mobilización mundial: Manifestación na Coruña.



Compre Voltar?


O 15 de maio do 2011, millóns de persoas comezamos un proceso de cambio social, dando unha sinal clara e inequívoca de que non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros, expresando de maneira pública e masiva a nosa refusa a unhas institucións democráticas xa caducas. Durante todo ese ano a marea recorreu o planeta. Dende Túnez á Praza Tahrir, dende Madrid a Reijkiavik, dende Nova York a Bruselas, os pobos do mundo alzáronse, na Primaveira Árabe, na dignidade islandesa, na indignación do pasado 15 de Maio ou na Ocupación de Wall Street. Todos unidos denunciamos o estado actual do mundo e comezamos a camiñar xuntos.
En España, uns e outros gobernos (PPSOE) non propuxeron máis alternativa cá perda de dereitos adquiridos tras longas loitas, ou a renuncia a sequera desfrutalos algunha vez. Encontrámonos ante unha xeración que ve os seu mundo desaparecer, e outra, máis xove, que ve como nunca vivirán neses mundos prometidos. E namentres este 99% da poboación mundial empobrece, o 1%, dono de mercados e grandes fortunas (e con ilo, de gobernos), segue enriquecéndose cunha crise da que son os principais responsables.
Tras un ano voltamos, si, pero xa non só para protestar. Seguiremos apuntando ós verdadeiros causantes da crise, as súas políticas e as súas mentiras criminais disfrazadas de retórica baldeira. Non esquecemos. No perdoamos. Pero sabemos que as solucións xa non poden ser esixidas a gobernos corruptos, senón que teñen que ser construídas entre todos e todas. Esiximos un novo poder constituínte para recuperala democracia que nos pertence. Por iso, o 12 e 15 de maio volvemos ás rúas cunhas esixencias lexítimas e maioritarias convocando mobilizacións por todas partes, un ágora onde retornar a vernos as caras , unha folga de consumo, etc.

Estas son as nosas razóns:

1. Nin un euro máis para rescatar ós bancos. Auditoría cidadá da débeda. Non pagaremos a débeda ilexítima creada por aqueles que provocaron a crise.
2. Defensa dos bens comúns como a sanidade e a educación. Non ós recortes do gasto público, non á privatización dos servizos públicos, e fomentar a creación de institucións pro-común.
3. Reparto xusto do traballo, salario digno e non á precariedade. Non á xubilación ós 67 anos e retirada da Reforma Laboral.
4. Dereito garantido ó acceso a unha vivenda digna. Dación en pago retroactiva. Parque de vivendas de aluguer social. Promoción de cooperativas de vivenda.
5. Reforma fiscal que permita a distribución de forma xusta da riqueza que producimos entre todos e todas. Renta Básica universal para tódalas persoas.
6. Defensa dos dereitos e liberdades civís. Defensa dós dereitos de reunión, manifestación, folga, asociación, etc.
7. Reforma Xudicial. Derogación das novas tasas xudiciais e cambio do sistema fiscalizador do estado, promovendo un sistema xudicial mais eficiente e independente.
8. Democracia real, transparente e participativa. Cambio no sistema electoral cara a un máis representativo e xusto

Todos e todas contra os ataques do goberno dos banqueiros !

terça-feira, 8 de maio de 2012

Por un ensino publico, gratuito e de calidade ! Chamado da Coordinadora A Coruña en Loita.




Comunicado

Diversas forzas sindicais, estudantiles, colectivos pedagoxicos e  APAS  teñen convocado para o vindeiro xoves 10 de maio unha Xornada de Loita, tanto a nivel galego como Estatal, contra os recortes do goberno do PP no ensino publico e a brutal subida das tasas na universidade, medida que deixara fora da mesma, a moitos fillos e fillas de traballadores.
Dende a Plataforma A Coruña en Loita sumamonos as movilizacions convocadas na Coruña e comarca e facemos un chamado aos traballadores e traballadoras, estudantes e desempregados e desempregadas a participar activamente na manifestación unitaria convocada o dia:


10 de maio as 12:00 con saida dende a plaza da Palloza.

Coidamos necesaria unha resposta unitaria dos sectores populares contra as medidas do goberno dos banqueiros e dos monopolios. Só o camiño da loita e da unidade pode frear as medidas que pretenden impoñer no ensino publico ou a sanidade. Medidas anti-populares, mesmo anti-democraticas, mentras eles adicanse a gastar os cartos publicos en "safaris" o mesmo roubando millons de euros con total impunidade.
Temos que poñer fin a tantos despropositos con unha permanente e sostida movilización, coa denuncia permanente dos despidos, deshaucios, EREs e demais atopellos contra os traballadores e traballadoras, ata convocatoria dunha nova Folga Xeral, mesmo indefinida, que derrube este goberno reaccionario e suas medidas contra o Pobo abrindo un novo escenario político tanto na Galiza, como no Estado.

A Coruña, a 8 de maio do 2012

Plataforma A Coruña en Loita.

sexta-feira, 4 de maio de 2012

10 de maio Folga no Ensino. Chamado de Galiza Nova





Galiza Nova por unha folga estudantil masiva o vindeiro 10 de maio contra os ataques do PP ao ensino. Baixo o lema “o ensino é un dereito, non un privilexio” a nosa organización está a realizar unha intensa campaña de repartos ás portas dos centros de ensino, así como de xuntas de delegadas/os e asembleas informativas.
Esta xornada de Folga no ensino medio e universitario é a primeira resposta contra unhas decisións socialmente inxustas que pretenden expulsar do ensino público ás fillas e fillos das traballadoras e traballadores.
Iria Aboi augura unha Folga estudantil “masiva e un respaldo importante” ás mobilizacións convocadas nas 7 cidades galegas, así como en Vilagarcía, Burela e Verín. Ademais desde Galiza Nova estamos a traballar para que haxa máis concentracións e agardamos facelas públicas nos vindeiros días.
De seguido veñen indicados os lugares e horas das mobilizacións xa confirmadas para o día 10:
— Santiago de Compostela, na praza do Toral ás 12:00h
— A Coruña, na praza da Palloza ás 12:00h
— Ferrol, na praza 10 de marzo ás 12:00h
— Lugo, na praza do Seminario ás 12:00h
— Ourense, na rúa Concello (diante da Delegación Consellaría Educación) ás12:00h
— Pontevedra, na Subdelegación do Goberno ás 12:00h
— Vigo, na praza de América ás 12:00h
— Burela, na praza da Capitanía ás 12:00h
— Verín, na praza do Concello ás 12:00h
— Vilagarcía, na praza de Galiza ás 12:00h

10 de maio Folga no Ensino. Chamado da Liga Estudantil Galega.



Nas últimas semanas, o goberno do PP perpetrou un dous maiores ataques ao ensino público dos últimos tempos, ao levar acabo un terríbel axuste pola vía dos recortes no canto de fomentar e impulsar políticas económicas expansivas que favorezan as maiorías sociais do Estado.
Fíxoo primeiro coa presentación do Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado, no que, no tocante ao ensino, recórtanse en máis dun 20% as partidas do Ministerio de Educación e Ciencia, unha redución de máis de 600 millóns de euros en programas educativos do Estado. Tamén se reduce en máis dun 10% a partida de bolsas do MEC (166 millóns de euros menos). O recorte en investigación é aínda máis dramático, ao chegar a unha redución de case o 35% en relación ás partidas do ano pasado, 630 millóns de euros menos.
Poucos días despois desta publicación, o Ministerio de Educación volveu ás andadas, desta volta co anuncio do incremento de até un 66% das taxas universitarias. Estas medidas suporán que a matrícula media rolde os 1.500€ en primeira convocatoria, e a partir da 4ª matriculación terase que sufragar a suposta “totalidade do custe” do crédito (máis de 6.000€ por curso completo). Ademais, búscase unha diferenciación en base ao “custe da titulación”, algo que previsibelmente fará que os prezos nas carreiras experimentais se multiplique, e estas titulacións serán inaccesíbeis para a maioría do estudantado.
Ademais, na actualidade a matrícula non equivale só ao 15% do custe total como di o Goberno, xa que ese baremo (orzamentos dunha universidade / alumnado) non é para nada realista, ao contabilizárense aspectos orzamentarios que nada teñen que ver coa docencia e o progreso académico do alumnado. En realidade, hoxe en día pagamos máis dun 40% do total do custe total.
Este estrangulamento económico feito sobre o estudantado é un proceso que repercute dun xeito enormemente negativo no papel de redistribución social que debería xogar a Universidade, que crea unha maior polarización social entre os que poidan pagar os seus estudos e os que teñan que deixar a súa formación por motivos estritamente económicos.
O ensino universitario é un dereito e non un privilexio, polo que apostamos pola desaparición das trabas que actualmente existen para o libre acceso á universidade comezando pola conxelación das taxas e a súa progresiva desaparición. Este só será realmente público e democrático cando os criterios de renda non sexan un problema para o seu acceso. O financiamento ten que ser público, como garante de que a ensinanza está encamiñada a valores sociais e non determinada por intereses económicos.
Por todo isto, desde a Liga Estudantil Galega convocamos unha folga no ensino o vindeiro 10 de maio e chamamos ao conxunto do estudantado galego para que se mobilice e amose o seu rexeitamento á brutal suba de taxas e ás medidas de recortes que acaban de impoñer dende o Goberno do Estado, que constitúe o maior ataque ao ensino público que se recorda en moitos anos. Na nosa man está, como estudantado comprometido co ensino público, loitar e amosar na rúa o noso rexeitamento a unhas medidas encamiñadas a elitizar a universidade e impedir o acceso ás maiorías sociais.

A continuación deixámosvos unha relación coas mobilizacións que terán lugar o vindeiro día 10 de maio:
— Santiago de Compostela, na praza do Toral ás 12:00h
— A Coruña, na praza da Palloza ás 12:00h
— Ferrol, na praza 10 de marzo ás 12:00h
— Ourense, na rúa Concello (diante da Delegación Consellaría Educación) ás12:00h
— Pontevedra, na Subdelegación do Goberno ás 12:00h
— Vigo, na praza de América ás 12:00h
— Burela, na praza da Capitanía ás 12:00h
— Verín, na praza do Concello ás 12:00h
— Vilagarcía, na praza de Galiza ás 12:00h
— Lugo (por confirmar).

O 10 de maio, folga no ensino!
Este modelo económico e social non funciona!
Non á suba das taxas! Non aos recortes!

quinta-feira, 3 de maio de 2012

Nota da Comisión pola Recuperación da Memoria Historica da Coruña.


Imaxe terrible dos corpos dos asasinados polos fascista no cemiterio de Badajoz 1936.



QUERELA ARXENTINA: XENOCIDIO FRANQUISTA

A Querela Arxentina: Xenocidiofranquista, que tramítase no Xulgado da Doutora María Romilda Servini de Cubría, foi presentada diante daXustiza Arxentina o 14 de abril de 2010. Responde ao principio de XustizaUniversal, o mesmo no que baseóuse a Xustiza do Estado español, a través doXuíz Garzón, para xulgar os delitos de LesaHumanidade ou de Xenocidiocometidos na Arxentina, así como tamén en Chile a Pinochet.

O mecanismo básico, dirixido acalquera persoa que poda testemuñar dun delito de desaparición e / ou asasinatode alguén durante a ditadura fanquista, consiste en responder a este correo,indicando a vontade e identidade da(s) persoa(s) que desexen denunciar dito(s)delito(s). Eu, como persoa encargada de recompilar todo tipo de adherencias aesta querela, contactarei cos  dous avogados arxentinos que están levandoa causa no Estado Español, Carlos Slepoye Ana Messuti, que operan como avogados dosquerelantes, pois son eles quen coordinan e operan como apoderados dosquerelantes. E dado que a Xuíza federal arxentina, Servini de Cubría, ten aintención de desplazarse ao Estado español a fíns de xuño, e ten a intención dedesprazarse, tanto á embaixada arxentina en Madrid, como aos consuladosarxentinos que hai no Estado, para tomar declaración  a todas as persoasque decidan sumarse á querela, o único que habería que facer, por parte decalqueraz persoa que manifeste a súa intención de unirse á querela, sería CUBRIR E ASINAR o impreso que se adxunta (antes do 1 de xuño de 2012), e, cando veñaa Xuíza Servini a Galicia (sería a Vigo, que é onde está o consuladoarxentino), faríamos por organizar o traslado das persoas querelantes a ditoconsulado.

O impreso que se adxunta consistenun escrito, indicando a identidade da persoa querelante, e unha brevedescrición do delito do que a persoa querelante é testemuña. A este escrito, sehoubera, deberá acompañarse todo tipo de documentación (evidentementefotocopiada, nunca os orixinais) que poda enriquecer a descrición do delito adenunciar. Fotos, documentos xudiciais, etc. Pero se non houbera ningúndocumento, pois non pasaría nada.

Pero, se tés a intención departicipar coa tua testemuña neste proceso de denuncia do franquismo, non téspor qué viaxar a Arxentina. Podes facelo desde a túa casa, contestanto a estecorreo, ou chamando ao teléfono 645029338(preguntando por Rubén, e preferiblemente polas tardes, por razónslaborais). É moi importante esta denuncia, xa que logo de 40 anos de ditadura,e de 35 de impunidade, non pode ser que aínda sigamos camiñando sobre os ósosde persoas asasinadas polo réxime ditatorial de Franco, non pode ser que a nosademocracia non peche dunha vez esas feridas abertas polo franquismo. Xa abonda,xa chegou a hora de reclamar VERDADE, XUSTIZAe REPARACIÓN para todas as vítimas do franquismo.


Agardando polas vosas testemuñas,recibide tod@s unha forte aperta.


Rubén Afonso Lobato (tfno.645029338 - tardes), Secretario da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.


P.D.- Por favor, re-envíen estecorreo a tódolos vosos contactos. Moitas grazas.

terça-feira, 1 de maio de 2012

Miles de traballadores e traballadoras manifestaronse este 1ºM. (Fotos prensa)

Imaxe da manifestación conxunta de CC.OO. e UGT/Cesar Quian
Imaxe da saida da manifestación convocada pola CIG/Cesar Quian

Imaxe a seu paso pola rúa Real da manifestación conxunta de CGT e CUT/A Coruña en Loita

Imaxe do acto de peche da manifestación da CIG có discuso de seu secretario xeral Suso Seixo
/ A Coruña en Loita.