terça-feira, 8 de maio de 2012
Por un ensino publico, gratuito e de calidade ! Chamado da Coordinadora A Coruña en Loita.
Comunicado
Diversas forzas sindicais, estudantiles, colectivos pedagoxicos e APAS teñen convocado para o vindeiro xoves 10 de maio unha Xornada de Loita, tanto a nivel galego como Estatal, contra os recortes do goberno do PP no ensino publico e a brutal subida das tasas na universidade, medida que deixara fora da mesma, a moitos fillos e fillas de traballadores.
Dende a Plataforma A Coruña en Loita sumamonos as movilizacions convocadas na Coruña e comarca e facemos un chamado aos traballadores e traballadoras, estudantes e desempregados e desempregadas a participar activamente na manifestación unitaria convocada o dia:
10 de maio as 12:00 con saida dende a plaza da Palloza.
Coidamos necesaria unha resposta unitaria dos sectores populares contra as medidas do goberno dos banqueiros e dos monopolios. Só o camiño da loita e da unidade pode frear as medidas que pretenden impoñer no ensino publico ou a sanidade. Medidas anti-populares, mesmo anti-democraticas, mentras eles adicanse a gastar os cartos publicos en "safaris" o mesmo roubando millons de euros con total impunidade.
Temos que poñer fin a tantos despropositos con unha permanente e sostida movilización, coa denuncia permanente dos despidos, deshaucios, EREs e demais atopellos contra os traballadores e traballadoras, ata convocatoria dunha nova Folga Xeral, mesmo indefinida, que derrube este goberno reaccionario e suas medidas contra o Pobo abrindo un novo escenario político tanto na Galiza, como no Estado.
A Coruña, a 8 de maio do 2012
Plataforma A Coruña en Loita.
sexta-feira, 4 de maio de 2012
10 de maio Folga no Ensino. Chamado de Galiza Nova
Galiza Nova por unha folga estudantil masiva o vindeiro 10 de maio contra os ataques do PP ao ensino. Baixo o lema “o ensino é un dereito, non un privilexio” a nosa organización está a realizar unha intensa campaña de repartos ás portas dos centros de ensino, así como de xuntas de delegadas/os e asembleas informativas.
Esta xornada de Folga no ensino medio e universitario é a primeira resposta contra unhas decisións socialmente inxustas que pretenden expulsar do ensino público ás fillas e fillos das traballadoras e traballadores.
Iria Aboi augura unha Folga estudantil “masiva e un respaldo importante” ás mobilizacións convocadas nas 7 cidades galegas, así como en Vilagarcía, Burela e Verín. Ademais desde Galiza Nova estamos a traballar para que haxa máis concentracións e agardamos facelas públicas nos vindeiros días.
De seguido veñen indicados os lugares e horas das mobilizacións xa confirmadas para o día 10:
— A Coruña, na praza da Palloza ás 12:00h
— Ferrol, na praza 10 de marzo ás 12:00h
— Lugo, na praza do Seminario ás 12:00h
— Ourense, na rúa Concello (diante da Delegación Consellaría Educación) ás12:00h
— Pontevedra, na Subdelegación do Goberno ás 12:00h
— Vigo, na praza de América ás 12:00h
— Burela, na praza da Capitanía ás 12:00h
— Verín, na praza do Concello ás 12:00h
— Vilagarcía, na praza de Galiza ás 12:00h
10 de maio Folga no Ensino. Chamado da Liga Estudantil Galega.
Nas últimas semanas, o goberno do PP perpetrou un dous maiores ataques ao ensino público dos últimos tempos, ao levar acabo un terríbel axuste pola vía dos recortes no canto de fomentar e impulsar políticas económicas expansivas que favorezan as maiorías sociais do Estado.
Fíxoo primeiro coa presentación do Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado, no que, no tocante ao ensino, recórtanse en máis dun 20% as partidas do Ministerio de Educación e Ciencia, unha redución de máis de 600 millóns de euros en programas educativos do Estado. Tamén se reduce en máis dun 10% a partida de bolsas do MEC (166 millóns de euros menos). O recorte en investigación é aínda máis dramático, ao chegar a unha redución de case o 35% en relación ás partidas do ano pasado, 630 millóns de euros menos.
Poucos días despois desta publicación, o Ministerio de Educación volveu ás andadas, desta volta co anuncio do incremento de até un 66% das taxas universitarias. Estas medidas suporán que a matrícula media rolde os 1.500€ en primeira convocatoria, e a partir da 4ª matriculación terase que sufragar a suposta “totalidade do custe” do crédito (máis de 6.000€ por curso completo). Ademais, búscase unha diferenciación en base ao “custe da titulación”, algo que previsibelmente fará que os prezos nas carreiras experimentais se multiplique, e estas titulacións serán inaccesíbeis para a maioría do estudantado.
Ademais, na actualidade a matrícula non equivale só ao 15% do custe total como di o Goberno, xa que ese baremo (orzamentos dunha universidade / alumnado) non é para nada realista, ao contabilizárense aspectos orzamentarios que nada teñen que ver coa docencia e o progreso académico do alumnado. En realidade, hoxe en día pagamos máis dun 40% do total do custe total.
Este estrangulamento económico feito sobre o estudantado é un proceso que repercute dun xeito enormemente negativo no papel de redistribución social que debería xogar a Universidade, que crea unha maior polarización social entre os que poidan pagar os seus estudos e os que teñan que deixar a súa formación por motivos estritamente económicos.
O ensino universitario é un dereito e non un privilexio, polo que apostamos pola desaparición das trabas que actualmente existen para o libre acceso á universidade comezando pola conxelación das taxas e a súa progresiva desaparición. Este só será realmente público e democrático cando os criterios de renda non sexan un problema para o seu acceso. O financiamento ten que ser público, como garante de que a ensinanza está encamiñada a valores sociais e non determinada por intereses económicos.
Por todo isto, desde a Liga Estudantil Galega convocamos unha folga no ensino o vindeiro 10 de maio e chamamos ao conxunto do estudantado galego para que se mobilice e amose o seu rexeitamento á brutal suba de taxas e ás medidas de recortes que acaban de impoñer dende o Goberno do Estado, que constitúe o maior ataque ao ensino público que se recorda en moitos anos. Na nosa man está, como estudantado comprometido co ensino público, loitar e amosar na rúa o noso rexeitamento a unhas medidas encamiñadas a elitizar a universidade e impedir o acceso ás maiorías sociais.
A continuación deixámosvos unha relación coas mobilizacións que terán lugar o vindeiro día 10 de maio:
— Santiago de Compostela, na praza do Toral ás 12:00h— A Coruña, na praza da Palloza ás 12:00h
— Ferrol, na praza 10 de marzo ás 12:00h
— Ourense, na rúa Concello (diante da Delegación Consellaría Educación) ás12:00h
— Pontevedra, na Subdelegación do Goberno ás 12:00h
— Vigo, na praza de América ás 12:00h
— Burela, na praza da Capitanía ás 12:00h
— Verín, na praza do Concello ás 12:00h
— Vilagarcía, na praza de Galiza ás 12:00h
— Lugo (por confirmar).
O 10 de maio, folga no ensino!
Este modelo económico e social non funciona!
Non á suba das taxas! Non aos recortes!
quinta-feira, 3 de maio de 2012
Nota da Comisión pola Recuperación da Memoria Historica da Coruña.
Imaxe terrible dos corpos dos asasinados polos fascista no cemiterio de Badajoz 1936.
QUERELA ARXENTINA: XENOCIDIO FRANQUISTA
A Querela Arxentina: Xenocidiofranquista, que tramítase no Xulgado da Doutora María Romilda Servini de Cubría, foi presentada diante daXustiza Arxentina o 14 de abril de 2010. Responde ao principio de XustizaUniversal, o mesmo no que baseóuse a Xustiza do Estado español, a través doXuíz Garzón, para xulgar os delitos de LesaHumanidade ou de Xenocidiocometidos na Arxentina, así como tamén en Chile a Pinochet.
O mecanismo básico, dirixido acalquera persoa que poda testemuñar dun delito de desaparición e / ou asasinatode alguén durante a ditadura fanquista, consiste en responder a este correo,indicando a vontade e identidade da(s) persoa(s) que desexen denunciar dito(s)delito(s). Eu, como persoa encargada de recompilar todo tipo de adherencias aesta querela, contactarei cos dous avogados arxentinos que están levandoa causa no Estado Español, Carlos Slepoye Ana Messuti, que operan como avogados dosquerelantes, pois son eles quen coordinan e operan como apoderados dosquerelantes. E dado que a Xuíza federal arxentina, Servini de Cubría, ten aintención de desplazarse ao Estado español a fíns de xuño, e ten a intención dedesprazarse, tanto á embaixada arxentina en Madrid, como aos consuladosarxentinos que hai no Estado, para tomar declaración a todas as persoasque decidan sumarse á querela, o único que habería que facer, por parte decalqueraz persoa que manifeste a súa intención de unirse á querela, sería CUBRIR E ASINAR o impreso que se adxunta (antes do 1 de xuño de 2012), e, cando veñaa Xuíza Servini a Galicia (sería a Vigo, que é onde está o consuladoarxentino), faríamos por organizar o traslado das persoas querelantes a ditoconsulado.
O impreso que se adxunta consistenun escrito, indicando a identidade da persoa querelante, e unha brevedescrición do delito do que a persoa querelante é testemuña. A este escrito, sehoubera, deberá acompañarse todo tipo de documentación (evidentementefotocopiada, nunca os orixinais) que poda enriquecer a descrición do delito adenunciar. Fotos, documentos xudiciais, etc. Pero se non houbera ningúndocumento, pois non pasaría nada.
Pero, se tés a intención departicipar coa tua testemuña neste proceso de denuncia do franquismo, non téspor qué viaxar a Arxentina. Podes facelo desde a túa casa, contestanto a estecorreo, ou chamando ao teléfono 645029338(preguntando por Rubén, e preferiblemente polas tardes, por razónslaborais). É moi importante esta denuncia, xa que logo de 40 anos de ditadura,e de 35 de impunidade, non pode ser que aínda sigamos camiñando sobre os ósosde persoas asasinadas polo réxime ditatorial de Franco, non pode ser que a nosademocracia non peche dunha vez esas feridas abertas polo franquismo. Xa abonda,xa chegou a hora de reclamar VERDADE, XUSTIZAe REPARACIÓN para todas as vítimas do franquismo.
Agardando polas vosas testemuñas,recibide tod@s unha forte aperta.
Rubén Afonso Lobato (tfno.645029338 - tardes), Secretario da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
P.D.- Por favor, re-envíen estecorreo a tódolos vosos contactos. Moitas grazas.
terça-feira, 1 de maio de 2012
Miles de traballadores e traballadoras manifestaronse este 1ºM. (Fotos prensa)
Imaxe da manifestación conxunta de CC.OO. e UGT/Cesar Quian
Imaxe da saida da manifestación convocada pola CIG/Cesar Quian
Imaxe a seu paso pola rúa Real da manifestación conxunta de CGT e CUT/A Coruña en Loita
Imaxe do acto de peche da manifestación da CIG có discuso de seu secretario xeral Suso Seixo
/ A Coruña en Loita.
segunda-feira, 30 de abril de 2012
Todos e todas a rua este primeiro de maio !
Dende a Plataforma A Coruña en Loita facemos un chamamento aos traballadores e traballadoras, estudantes, desempregados, xubilados a expresar seu recheitamento as medidas anti-populares do goberno da patronal, dos banqueiros, da plutocracia da UE e mais do FMI, asistindo as diversas convocatorias de manifestacions do primeiro de maio na nosa cidade.
A historia desta data simbolica para a clase obreria e o pobo traballador é o asasinato de oito traballadores, condeados a morte por tribunais ao servicio do capital en Chicago, EE.UU.
Moitas das reivindicacions polas que eles loitaron, moitas das conquistas dos traballadores, volven a ser obxetivo dunha burguesia que quere sair da crise roubando dereitos aos traballadores e traballadoras, coma a banca rouba os aforros có timo "das preferentes".
Na nosa cidade son moito os colectivos en loita; os compañeiros e compañerias da Torre de Hercules, dos eventuais do Sergas, as traballadoras e traballadores de Sykes, os traballadores e traballadoras do Circo de Artesans, que levan catro meses sin cobrar, ou dos prefesionais da mediciña publica que ven como os recortes da Xunta de Feijoó poñen en perigo a boa praxis que ten levado ao complexo sanitario de A Coruña, o CHUAC, a ser punteiro non só a nivel do Estado mesmo internacional.
Diante de todo esto un Concello reaccionario incapaz, prepotente e de costas a realidade de pobreza e marxinación de moitas familias de A Coruña, afogados polos xuros de usura da banca, os despidos e mesmo polo fin das chamadas prestacions do desemprego.
Compañeira, compañeiro, xuntos, coordinando a nosas loitas, venceremos !
Perto de 15.000 persoas manifestaronse onte contra os recortes na educación e na sanidade convocados por CC.OO. e UGT
Con 25 minutos de atraso, a manifestación convocada por UGT e Comisións Obreiras partiu da praza da Palloza rumbo ao Obelisco, nunha marcha nas que se corearon consignas contra os recortes en educación e sanidade. Máis de 15.000 persoas, segundo os sindicatos, e só 4.000, segundo a Policía Local, participaron na marcha na que se criticaron «vos roubos do PP, que nos está quitando vos nosos servizos esenciais», afirmou José Carrillo, secretario comarcal de UGT na Coruña, que tamén invitou aos mozos a involucrarse «na loita social, porque ou que queren é cansarnos e que abandonemos a pelexa polo que é noso, pero nós imos a seguir loitando».
Pola súa banda, Demetrio Vázquez, secretario xeral de CC.OO. na comarca da Coruña, destacou que «coa sanidade e o ensino non se xoga, porque son dous alicerces básicos do Estado español que custou muchísimo conseguir. Foi unha conquista social dos nosos pais e avós para que vivísemos un pouco mellor, e queremos deixarllo tamén en herdanza aos nosos fillos e netos. Non podemos perder algo que custou moito e que estamos pagando nós cos nosos impostos e cotizaciones, non é un agasallo de ninguén». / La voz de Galicia.
sábado, 28 de abril de 2012
Na Coruña perto de nove mil traballadores e traballadoras quedaron sen traballo de xaneiro a marzo.
A taxa de paro galega sobe por primeira vez ao 20,18%, catro puntos máis baixa que a media nacional, de 24,44% mais destrúe entre xaneiro e marzo o 68% dos empregos que perdeu en todo 2011 .
España alcanza 5.639.500 desempleados tras acumular case 365.900 desde o comezo do ano
AXENCIAS | A CORUÑA / O paro aumentou en 25.200 persoas en Galicia no primeiro trimestre de 2012, unha cifra que equivale a máis de dúas terceiras partes (o 68,3%) do número de traballadores que perderon o seu emprego durante todo o ano pasado na comunidade, 36.900. En só tres meses, cada día quedáronse sen ocupación 280 traballadores residentes en Galicia, cando ao longo de 2011 foron 101 por xornada. En total, a comunidade alcanza os 265.600 parados ao final do primeiro trimestre, 25.200 máis que fai tres meses e 39.100 máis que fai xusto un ano.
Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), publicados onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE), revelan unha taxa de paro do 20,18% en Galicia, un récord histórico nunca antes alcanzado e dous puntos superior á taxa do fin de 2011 aínda que catro puntos máis baixo que a taxa nacional actual, que chega ata o 24,44% despois de que en toda España o desemprego afectase a 365.900 persoas máis nos tres primeiros meses do ano. O número total de parados no país alcanza xa a cifra de 5.639.500.
Os datos ofrecidos pola EPA reflicten a caída da poboación activa máis alta desde o primeiro trimestre de 1994. Trátase, ademais, da terceira maior subida do desemprego nun trimestre desde 1976, data desde a que existen datos comparables. Os maiores aumentos intertrimestrales do paro producíronse no primeiro trimestre de 2009, que sumou 802.000 parados, e no cuarto de 2008, con 609.000; o ano 2012 comezo cunha subida de 365.900.
Galicia enmárcase no grupo de dez comunidades cuxo índice do paro é inferior ao estatal, xunto a Aragón, Asturias, Cantabria, Castilla e León, Cataluña, Navarra, País Vasco e A Rioja e Madrid, a única onde se creou emprego. A autonomía que máis alto ten o índice de paro no primeiro trimestre de 2012 é Andalucía (33,17%), seguida por Canarias (32,28%) e Estremadura (32,05%), mentres que País Vasco, cun índice do 13,55%, é a que mellor resiste a progresiva desaparición de postos de traballo.
Dentro da comunidade galega Lugo é a provincia coa taxa de paro máis baixa (15,57%) como consecuencia da evolución do mercado laboral nos primeiros tres meses do ano. Na Coruña, cun índice do 17,50%, 8.800 traballadores quedáronse sen emprego entre xaneiro e marzo e o número de ocupados baixou de 474.000 ata 469.400. En Ourense a taxa de desemprego pasou do 19,08% ao 20,10%. Pontevedra experimentou unha subida máis grave ao chegar ata o 25,08% logo de terminar o trimestre anterior, o último do ano pasado, cunha taxa do 22,98%.
Por comunidades autónomas, o paro subiu no primeiro trimestre de 2012 en todas elas, especialmente en Navarra (18,19%) e Cantabria (17,92%), por diante de Estremadura (12,22%), Castilla e León (12,10%), Baleares (11,82%), Castilla-A Mancha (10,96%) e Galicia (10,48%), ademais da cidade autónoma de Ceuta, con 16,92%.
Os menores incrementos rexistráronse en Murcia (0,65%), Madrid (1,48%), País Vasco (5,03%), Canarias (5,98%), A Rioja (6,21%), Comunidade Valenciana (6,25%), Andalucía (6,50%), Asturias (6,82%), Cataluña (7,93%) e Aragón (9,01%).
En términos absolutos, o paro aumentou máis en Andalucía, con 81.100 persoas, seguido de Cataluña (61.500), a Comunidade Valenciana (40.100) e Castilla-A Mancha (26.900).
quarta-feira, 25 de abril de 2012
Espanistan
BARCELONA, 25 (EUROPA PRESS)
A titular do Xulgado de Instrución 23 de Barcelona ha decretado prisión provisional sen fianza para a secretaria de organización de CGT de Barcelona, Laura Gómez, que foi detida este martes pola súa presunta participación nos destrozos e a hoguera fronte á Bolsa de Barcelona durante a folga xeral do 29 de marzo.
A sindicalista foi posta a disposición xudicial este mércores ás 08.30 horas por desordes públicas, incendio, danos ou coacciones e un delito relativo ao exercicio dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas, informaron fontes xudiciais a Europa Press.
Gómez foi detida este martes pola mañá cando acudía ao seu posto de traballo e pasou a noite na comisaría de Lles Corts de Barcelona tras negarse a declarar en sé policial, segundo fontes sindicais.
No auto xudicial, a xuíz xustifica a orde de prisión provisional, que tamén pediu o Ministerio Fiscal, "a fin de evitar a reiteración delituosa da imputada" e polo risco de fuga da mesma.
En declaracións a Europa Press o avogado da arrestada manifestou que a decisión parécelle unha "desproporción absoluta", e explicou que a xuíz non aceptou ningunha das súas alegaciones, polo que recorrerá a decisión nos tres próximos días.
Segundo explicou o letrado, Gómez recoñeceu ante o xuíz que estivo presente en quéimaa dunha caixa de cartón con billetes falsos ante a Bolsa de Barcelona, e que ía co rostro descuberto.
En declaracións a Europa Press, o portavoz de CGT Carlos Navarro, que pediu a liberdade de Gómez, acentuou a decisión xudicial de "retorno ao fascismo", engadindo que nin a detención nin o seu ingreso en prisión están xustificados e supoñen un abuso de poder.
"Estes baremos non se aplican aos banqueiros, nin aos políticos investigados pola Fiscalía Anticorrupción a quen se deixa en liberdade. Realmente nos cuestionamos a chamada 'independencia xudicial'", deplora o citado sindicato nun comunicado.
Conclúen relacionando a detención de Gómez cun intento de silenciar a forza sindical que, segundo a CGT, aglutinou ata 50.000 manifestantes durante a folga xeral.
terça-feira, 24 de abril de 2012
A CIG protesta na Coruña pola situación no Banco Pastor.
EFE. A CORUÑA Decenas de delegados do sindicato CIG concentráronse esta mañá ante a sé central de Banco Pastor, na Coruña, para esixir o mantemento dos postos de traballo na entidade financeira trala súa absorción por Banco Popular.
Así mesmo, a central nacionalista reclama a apertura dunha mesa de negociación coa representación social e información respecto ao futuro laboral de ambas entidades.
A CIG convocou novas protestas os días 26 de abril e 2 e 4 de maio, cando terá lugar unha nova concentración diante da sé de Banco Pastor ás 19:45 horas.
Paralelamente, a central nacionalista está realizando unha serie de asembleas cos traballadores para analizar a situación laboral actual.
Estas asembleas xa se realizaron en Vigo e A Coruña e as próximas citas serán en Santiago, Lugo e Ourense.
A CIG rexeitou a absorción polo Banco Popular e denuncia que este proceso propiciou que a que a entidade bancaria galega estea liquidando aos traballadores "a prezos de saldo".
Assinar:
Postagens (Atom)











