terça-feira, 22 de janeiro de 2013

Renda Basica na Galiza.






Ola vos envio un correio que recibin que solicitan que que demos publicidade. Estan a preparar a presentación en Coruña para o día 25-26 de xaneiro, pero aínda non ten local, están a falar con Nicanor para o propolis.
un saúdo
xulia


Boa tarde compas!

Envíovos esta mensaxe porque xa falara con Iria persoalmente sobre organizar unha actividade en Coruña sobre a Renda Básica, e parecéume que poderiades ter interese en colaborar, ou se cadra, propoñerllo a plataforma Coruña en Loita, que estou a ver que se está a mover moito por ai.

Para poñervos en situación, dicirvos que o 14 de decembro presentamos en Compostela o estudo de viabilidade de implementación da Renda Básica en Galiza. Aquí tedes o link con algunhas das novas de prensa: http://odscoia.arkipelagos.net/content/o-estudo-de-viabilidade-da-rbis-en-galiza-presentado-en-compostela

Daquela acordamos organizar unha 1ª Semana Galega pola RBIs que terá lugar do 25 ao 31 de xaneiro. Xa temos pechadas varias presentacións e actividades en diferentes localidades e gostaríamos de contar co voso apoio para facer algo en Coruña e dese xeito retomar o tema da renda básica aí.

A continuación tedes o calendario coas actividades que xa están pechadas, poderiamos facer algo en Coruña ou ben o venres pola tarde, a ser posible cedo, sobre as 16:30 ou 17:00hs, xa que ese día hai unha charla en Pontevedra e estaría ben poder coordinarnos de tal xeito a facelas seguidas, aínda que tamén poderiamos desdobrarnos. Tamén cabería a posibilidade do sábado 26, no que poderiase facer unha xuntanza pola maña ou pola tarde sobre as 17hs.

Se tedes algunha outra proposta de día, comentádeme por teléfono a ver se podemos coordinar que xa está a axenda moi cargada máis temos moito interese de abrir o debate sobre a Rbis coa xente activista da Coruña.
Aquí vos deixo o meu número, para calquera cuestión non dubidedes en contactarme: 687 368 314.

Apertas,

Mari

Nenhum comentário:

Postar um comentário