terça-feira, 22 de janeiro de 2013

Convocatoria do CSOA Palavea.

Asamblea de reestruturación do CSOA Palavea

Despois de máis de un ano de actividades, de loita, e denuncia, o CSOA
Palavea ponse en contacto coa cidade da Coruña convocando unha
xuntanza o vindeiro domingo 20 coa finalidade de reestruturar a
actividade e a xestión do centro social.

Por iso, queremos convocar a tódolos colectivos e individualidades que
formen parte do movemento na Coruña, a esta asamblea; a fin de por en
común todo tipo de propostas que poidan facer que a xestión dos 7000
m² que posúe o espazo se abra a tódolos colectivos e persoas que
desexen levar a cabo calquera actividade aló para poder, deste xeito,
ter presenza e visibilidade dentro da propia cidade.

Con todo isto, queremos chegar ó punto de deslexitimar o concepto de
"propiedade" en prol dun exercicio real e efectivo da colectividade e
da autoxestión; mais isto é imposibel sen a participación de tódalas
persoas políticamente activas desta cidade.

Con ánimos renovados, e con 7000 m² preparados para ser cedidos á
colectividade dos movementos sociais, convidámosvos a vir dende a
mañán ó centro social, xa que haberá xente cociñando e preparando a
actividade da tarde. Alén do xantador, sobre ás 16:30 comezará
formalmente a reunión, á cal agardamos sirva para traer propostas para
o emprego e a xestión do espazo, creando entre todxs un novo comezo.

okupacorunha.wordpress.com

facebook.com/cso.palavea

okupacorunha@gmail.com

Nenhum comentário:

Postar um comentário