quarta-feira, 23 de janeiro de 2013

Comunicado de A Coruña en Loita sobre o peche da biblioteca de Monte Alto.


Comunicado.

Diante as noticias do peche da biblioteca de Monte Alto, sede da asociación de veciños, por negar o concello o convenio que permite pagar o salario dunha traballadora a tempo parcial que garante a sua apertura ao publico, A Coruña en Loita manifesta:

1.    A nosa total solidariedade coa Asociación de Veciños das Átochas, Monte, Alto Torre de Hércules, diante da decisión  do concello reaccionario do PP que priva aos veciños e veciñas de Monte Alto dun espazo de lecer e cultura, froito da loita veciñal, democrática e antifascista, por mor de supostos recortes que só amosan o desprezo polo pobo de esta cidade dun goberno municipal reaccionario e burgués.

2.    O noso total rexeitamento desta decisión municipal que supón un grave ataque a un barrio obreiro e traballador como é Atochas Monte Alto.

3.    A nosa disposición para conxuntamente cos veciños e veciñas e súas asociacións dar unha masiva resposta a tal aldraxe do goberno dos “señoritos” de A Coruña.

A Coruña, 22 de xaneiro.

A CORUÑA EN LOITA

 

 

Nenhum comentário:

Postar um comentário