segunda-feira, 31 de dezembro de 2012

Pelotazo urbanistico no Agra de S. Amaro e Adormideras.

Comunicado Oficial Esixencias 2013

Do mesmo xeito, denunciamos o posicionamento belixerante do Concello da Coruña ao boicotear calquera intento de diálogo que permita a resolución dun problema que afecta ao conxunto da cidadanía coruñesa. O Goberno Municipal liderado por Carlos Negreira, empregou efectivos policiais perante unha veciñanza que, de maneira pacífica e por vías democráticas, tentou amosar o seu rexeitamento a un acto especulativo sen presecedentes na nosa cidade.
Insistimos en sinalar que os promotores da Agra de Santo Amaro non teñen dereito a ningún tipo de compensación posto que ditos Estudos de Detalle son nulos de pleno dereito ao non contar co visto bo nin estar informado Patrimonio Cultural no seu momento.
Con iste comunicado anunciamos un incremento das mobilizacións sociais co fin de acumular as forzas precisas até conseguir os nosos obxectivos e as nosas esixencias:
1.- Recoñecemento da Comisión de Afectadas/os das Durmideiras e a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto como interlocutores no conflicto e recibimento oficial por parte do alcalde Carlos Negreira das mesmas.
2.- Paralización inmediata do “Pelotazo das Durmideiras” que procura a construción dun centro comercial e un edificio de 330 vivendas no xardín natural da Praza Galatea.
3.- Cese inmediato da persecución e o emprego das forzas de orde público contra o tecido social e cultural da nosa cidade.
A Coruña, 30 Decembro 2012
A.V.V. Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules

Imaxes da comida de empresa no INEM - Orillamar, cortesia de Andrea.


quinta-feira, 27 de dezembro de 2012

Xoves, 28 de decembro,ás 12:00 h no INEM de Orillamar a tomar o bocata ! (Non é unha brincadeira ! )


O real mensaxe.


PREPARANSE MOVILIZACIONS EN TODA GALIZA.

9 mil desaloxos despois, Galicia manifestarase contra os desafiuzamentos

26.12.12/Redacción | @prazapublica


En Galicia prodúcense 17 desafiuzamentos cada día, 120 á semana. Todo, mentres no país hai preto de 38.000 vivendas baleiras sen estrear, tal e como se tira dos datos que facilita o Goberno central. En total, máis de 9.000 desafiuzamentos dende 2007 en Galicia, que podería superar os 10.000 ao final de ano, xa que agora o CGPJ tamén contabiliza os datos dos xulgados de primeira instancia e, polo tanto, daquelas pequenas localidades sen servizos comúns de notificación.
En Galicia prodúcense 17 desafiuzamentos cada día, 120 á semana. Todo, mentres no país hai preto de 38.000 vivendas baleiras sen estrear
No conxunto de Estado, e tan só no que vai de 2012, as autoridades xudiciais procederon ao embargo de máis de 500 inmobles ao día até xuño, que fai un total de case 95.000 desafiuzamentos. Desde 2008, a cifra supera os 260.000 expedientes. Un drama de dimensións masivas e silencioso moitas veces, un silencio roto de forma violenta polos varios casos de suicidios de persoas que viñan de perder a súa vivenda. E un silencio que tamén rompeu o traballo dos colectivos e plataformas que loitan contra os desafiuzamentos encargados polas entidades bancarias.
As marchas, baixo o lema desafiuzar = asasinar, percorrerán as rúas de Compostela, Lugo e Ferrol, á espera de que se concrete algunha nova convocatoria noutras cidades
Tres marchas, baixo o lema desafiuzar = asasinar, percorrerán as rúas de Compostela, Lugo e Ferrol este sábado, á espera de que se concrete algunha nova convocatoria noutras cidades. Nas tres marchas lerase un manifesto que inclúe as reivindicacións que dende hai meses veñen repetindo estes colectivos: comezando pola paralización das execucións e a posta en marcha da dación en pago con efecto retroactivo acompañada da opción de aluguer social e a creación dun parque público de alugueiro social das vivendas usurpadas pola banca. Tamén se demandarán "responsabilidades xudiciais e políticas" aos responsables desta situación.
Finalmente, pídese que que as administracións se fagan cargo da defensa e asesoramento legal das familias que son vítimas dunha auténtica persecución bancaria, creando puntos de atención comarcal ou municipal financiados polos orzamentos públicos en colaboración cos colexios de avogados. E lémbrase que "o dereito á vivenda debe estar á marxe do mercado".
O manifesto salienta que "os culpábeis desta situación non son entes abstractos"
O manifesto salienta que "os culpábeis desta situación non son entes abstractos. Non son primas de risco, nin subidas ou baixadas do Euribor. Os culpábeis son os executeores das políticas neoliberais e os banqueiros que durante décadas só se preocuparon de encher o peto, sen pensar nin un intre no tipo de crecemento económico que estaban a xerar. Esta burbulla inmobiliaria estoupou pero non nos mollou a todos por igual. Mulleres, migrantes, menores, obreiros e obreiras, somos os que estamos a pagar os atropelos dos Aznar, Botíns, BBVs, Zapateros e Rajoys".

Convocatorias:

Santiago de Compostela. 20 horas. Praza Roxa
Lugo. 20 horas. Praza Maior
Ferrol. 19 horas. Praza Amada Garcia.

sábado, 22 de dezembro de 2012

Duro comunicado do Colexio Oficial de Medicos de A Coruña.

Os médicos da Coruña rebélanse ante os "inadmisibles" recortes dunha Xunta "irresponsable"



Os profesionais sanitarios volven rebelarse ante os recortes da Xunta. Logo de que os sindicatos médicos acusaran a Feijóo de "pasar a liña vermella" cos axustes, agora é o Colexio Oficial de Médicos da Coruña o que emite un duro comunicado no que cualifica de "irresponsables" as medidas levadas a cabo polo Goberno galego, como a redución salarial do 4% aos funcionarios anunciado este venres, e no que aseguran que é "ética e moralmente reprobable manter o irracional aparato administrativo do Estado e o indecente número de cargos públicos a conta da saúde pública dos cidadáns".
A través dun comunicado titulado Así non, e colgado na súa páxina web, os médicos colexiados da Coruña amosan o seu "enérxico rexeitamento" ao novo recorte salarial aos empregados públicos, que supón "un novo descenso nos soldos dos médicos" que, en menos dun ano, "xa foron recortados en máis dun 20%. Ademais, os profesionais sanitarios consideran "reprobable" a forma na que se adoptou esta medida, "de costas aos profesionais".
O comunicado critica que os recortes se fagan "de costas aos profesionais" sanitarios
O Colexio Oficial de Médicos lembra que sempre apostou polo "diálogo, a responsabilidade, a profesionalidade e a lealdade" nas súas relacións coa Administración Sanitaria, trasladándolle propostas de solución aos problemas -como o documento presentado a Feijóo hai dúas semanas- que foron respondidas "cun novo recorte salarial sen terse antes adoptado reformas que ataquen a cerna dos males do sistema". "Non somos partidarios de recortes fáciles e alleos a unha cuestión irrenunciable: dar unha atención de calidade ao paciente".
Así, os médicos cren que "chegou o momento" de que os responsables políticos "anuncien o déficit do Sergas e os seus males", en lugar de "especular coas cifras". "Que nos digan a verdade sobre a débeda e que nos conten onde está o problema", reivindican, tras insistir en que é "totalmente inadmisible" que se recorte "na Sanidade sen antes adoptar medidas drásticas noutras estruturas políticas e administrativas do Estado". "Goberno central, autonomías, deputacións, concellos e multitude de organismos acollen unha inxente cantidade de cargos e asesores que viven a costa do erario público", lembran.
Os médicos denuncian que as súas propostas de solución son respondidas con recortes e piden á Xunta que "anuncie o déficit do Sergas e identifique os seus males"
Por último, o comunicado da xunta directiva do Colexio cualifica de "irresponsable e de falta de coraxe política" a actuación dos que gobernan, malia o que aseguran que se "reafirman" no seu compromiso "coa calidade do acto médico, cos paciente e coa sociedade no seu conxunto". "Tamén en crise, estaremos á altura do que nos demanden os cidadáns", rematan.

sexta-feira, 21 de dezembro de 2012

VERGOÑA !

En Galicia hai 133 persoas sen fogar por cada 100.000, case o dobre que no Estado

Redacción | @prazapublica

Por cada cen mil habitantes, no Estado hai 71,3 persoas sen fogar. Esa é a media que é superada por só catro territorios en España: Melilla, con 638,4 por cada cen milleiros de cidadáns, e Ceuta (549,9), seguidas de Euskadi (141,3) e Galicia (133). Xa que logo, o país é a cuarta comunidade autónoma onde máis persoas sen fogar por cada cen mil habitantes.
Ademais, e en canto ás maiores porcentaxes de persoas sen fogar, os datos de Galicia non son moito mellores. Sitúase no quinto lugar, cun 8,3%, só superada por Cataluña (21,3 %), Madrid (15,4 %), Andalucía (13,1 %)e o País Vasco (8,7%)
Galicia é a cuarta comunidade con máis persoas sen fogar por cada 100.000 habitantes e a quinta en porcentaxe (8,3%)
Así se tira da Enquisa ás Persoas sen Fogar do Instituto Nacional de Estatística (INE), que sinala que nos centros de atención á poboación sen casa deuse asistencia a 22.938 persoas. O 45% dos cidadáns que quedaron sen casa neste 2012 perderan o seu traballo. Outro dos motivos que destacan á hora de perder o fogar é o de non poder facer fronte ao pagamento da vivenda (26%), separación da parella (20,9%) ou por desafiuzamento (12%).
Ademais, o 31,9 % das persoas levan menos dun ano sen dispor dun aloxamento, o 23,6 % entre un e tres anos, e o 44,5 % levan máis de tres anos sen fogar propio. En canto á nacionalidade, o 54,2 % son españois e os 45,8 % estranxeiros,

quinta-feira, 20 de dezembro de 2012

Interrompido pleno do "parlamentiño". O PP fuxe o PSOE tamen responsable trata de salvar os mobeis..

A desesperación das preferentes rebenta no Parlamento




"Isto tiña que acabar pasando". Esta foi unha das frases máis repetidas esta mañá nos corredores do Parlamento de Galicia, onde o primeiro pleno ordinario da lexislatura foi interrompido polas protestas de persoas afectadas polas preferentes das antigas caixas galegas, aínda que cunha tensión e virulencia inéditas. A desesperación dos homes e mulleres que perderon os "aforros da súa vida" por mor dos "enganos" da actual Novagalicia Banco concretouse en seis persoas procedentes do Rosal e Santiago. Achegáronse ao Pazo do Hórreo para escoitar unha interpelación ao Conselleiro de Economía sobre a súa problemática e non foron quen de conter a súa indignación.
"Mentira!", exclamaban dende os seus asentos ante as explicacións do conselleiro de Economía, Francisco Conde, que lle respondía ao PSdeG que a Xunta actuou "dende o primeiro momento". Pero ao rematar o debate a tensión estourou. "Non vos imos deixar", "ata a morte, senvergoñas!", berraba unha muller do Rosal que antes explicara que un "directivo" da oficina da entidade na vila a convenceu para destinar ás preferentes todos os seus aforros, "dos do meu home e os da miña filla". "Nós non fomos á caixa, viñéronnos buscar á casa", relatou dende a tribuna cara ao hemiciclo un veciño de Santiago, quen antes detallara que os cartos "estafados" procedían da expropiación do seu restaurante, que tivo que pechar polo paso das vías do AVE sobre o seu terreo.
"Aquí vai correr o sangue!", clamou entre bágoas un dos afectados
"Vai correr o sangue", "un director xa foi apuñalado", advertía entre bágoas o mesmo afectado compostelán mentres, atónitos, deputados e deputadas de PSdeG, AGE e BNG contemplaban o que acontecía e, paulatinamente, ían achegándose para tentar calmar a situación. Xosé Manuel Beiras (AGE), Carmen Gallego (PSdeG), Ana Pontón e Carlos Aymerich (BNG) e, sobre todo, o portavoz nacionalista, Francisco Jorquera, lograron acougar levemente ás persoas máis alteradas. Mentres, os traballadores do Parlamento que, en condicións normais, terían desaloxado a protesta, sumábanse con xestos de agarimo á tentativa de que retornase a calma tanto na tribuna de convidados como no corredor, onde unha das afectadas padecía unha crise de ansiedade. No hemiciclo os deputados do PP xa abandonaran os seus escanos e o voceiro socialista, Pachi Vázquez, reclamáballe "comprensión" á presidenta, dada a escena de "desesperación" á que viñan de asistir.

"Non nos van amedrentar"

"Nós tamén somos cidadáns aínda que non lle votemos ao PP", din, tras coñecer que perderán, como mínimo, o 40% dos cartos
Antes dos incidentes, dos maiores que se teñen vivido nunha protesta destas características, algúns dos afectados explicaran ante a prensa os motivos do aumento da súa preocupación. "A situación é fodidísima, así de claro", resume Argimiro Martínez, afectado do Rosal que reclama a devolución dos 12.000 euros que aforrara. "Ata agora foi todo moi bonito, fixéronse cantidade de propostas durante a campaña electoral", especialmente por parte "da señora Nava Castro", actual deputada e directora xeral de Consumo na anterior lexislatura. "Comprometéronse con todos, dixeron que se gañaba o PP teríamos arbitraxe para todo o mundo". Pero agora o Goberno central anuncia que, como mínimo, perderán o 40% dos seus cartos.
Igual de desesperada amósase tamén Ana Belén Álvarez. "Que busquen onde sexan, pero non imos perder un peso". "Se ten que haber sangue, haberá sangue", como se "ten que baixar o río Miño cheo de sangue", ilustra para reclamar que os representantes políticos "deixen de discutir" e solucionen o problema. "Nós tamén somos cidadáns, aínda que non sexamos votantes do PP". "Quero os meus cartos, nada máis", xa que "o único que fixen foi aforralos". A protestas continuarán e farano "caia quen caia", asegura, porque "non nos van amedrentar".

Loita dos traballadores e traballadoras de Atento.

Paros e concentracións en Atento na Coruña

CGT/Coruña


O vindeiro xoves día 20 celebrarase, ás 10:40 horas, o xuizo polas reduccións de xornada levadas a cabo pola empresa no CAT ADSL no pasado mes de marzo.
Estas reduccións de xornada afectaron a 180 traballadores e foron rexeitadas frontalmente pola CGT, denunciando a pretensión de la empresa de ejecutar una reducción de jornada innecesaria e premeditadamente fraudulenta, discriminatoria e abusiva.
En coincidencia co xuizo terá lugar unha concentración entre as 10:30 e as 12:00 horas diante das portas dos xulgados. O Comité de Empresa ten convocado un paro entre as 10:00 e as 12:00 horas dese mesmo día para que todos os traballadores e traballadoras podan acudir á concentración convocada diante dos xulgados.
A Sección Sindical da CGT en Atento Coruña chama a atención sobre a importancia de secundar o paro convocado, e fai un chamado para acudir á concentración co gallo de facer ver e oir a voz dos traballadores e traballadoras de Atento.

SOLIDARIEDADE CO COMPAÑEIRO LÓPEZ PINTOS

Concentración en apoio á López Pintos o xoves 20 de decembro nos xulgados de Ferrol

Ás 9:30 horas, coincidindo coa apertura de dilixencias previas por mor da denunciar presentada por delito de tortura
A Executiva comarcal da CIG ten convocada unha concentración no Pazo de Xustiza de Ferrol o xoves, 20 de decembro, ás 9:30 horas, en apoio ao compañeiro Xesús Anxo López Pintos, citado polo Xulgado para as dilixencias previas que se abren por mor da presentación, no seu momento, dunha denuncia polo delito de torturas.
A presentación da denunciar produciuse tras da súa detención o día de inicio da campaña das pasadas eleccións autonómicas no transcurso dun acto de protesta convocado polos Comités de Empresa de Navantia e Poligal e no que participou, xunto con centos de compañeiros e compañeiras, na defensa dos seus dereitos laborais e dos seus postos de traballo.
“A Executiva comarcal da Confederación Intersindical Galega ratificase na posición xa expresada a respecto da nosa intransixente (esta si) defensa do sistema de garantías e liberdades conquista histórica do movemento obreiro. Sen Estado garantista non hai democracia e isto exclúe calquera forma de dano físico ou psicolóxico que se lle poda infrinxir aos/ás detidos/as”.

Dende A Coruña en Loita sumamo-nos no apoio ao compañeiro López Pintos e a denuncia da brutalidade policial contra os traballadores e traballadoras.