sexta-feira, 9 de março de 2012

CC.OO. e UGT convocan Folga Xeral o 29 de marzo.



Hoxe, nunha rolda de prensa conxunta os secretrarios xerais das centrais estatales CC.OO e UGT diron conta da decisión de convocar unha folga xeral de 24 horas o 29 de marzo, sumandose asi na practica á convocatoria feita xa pola CIG, CUT, COG, CNT, CGT, LAB, ELA entre outras.
Dende a Coordinadora de Loitas de A Coruña saludamos a decisión de CC.OO. e UGT de sumarse ao sentir amplio das traballadoras e traballadores de todo-los sectores como un paso necesario a rexeitar a reforma laboral do Partido Patronal.
A necesidade da unidade e coordinación das loitas é preciso para organizar unha poderosa frente capaz de loitar polos nosos dereitos como traballadoras e traballadores e como pobo.

Todos e todas a folga xeral o 29 de marzo !

Vaise acabar, vaise acabar, a dictadura patronal...!

quinta-feira, 8 de março de 2012

8 de marzo Dia Internacional da Muller Traballadora.

Exemplos do terrorismo dos bancos.

A OBRA SOCIAL DE BANKIA




Así cumple BANKIA seus compromisos coa sociedade, desahuciando familias e tapiando as vivendas para que no puidan ser usadas. Contra estas entidades solo cabe a denuncia constante. Reciben miles de millons de euros de nosos petos e o reparten en soldos multimillonarios, sin importarles para nada os problemas de milleiros de familias.
Proximamente anunciaremos novas concentracions diante de esta entidade.
Stop desahucios A Coruña

O alcalde da Coruña anuncia que á torre de Hercules abrira ao publico antes do 30 de xuño e insulta a os traballadores e traballadoras da mesma.



Unha nota informativa na Voz de Galicia digital afirma que o alcalde de A Coruña ten a intención de abrir al publico a Torre de Hercules antes de finais de xuño; "xusto cando se cumprirán tres anos do seu nomeamento como Patrimonio da Humanidade. aclarou que setembro é o prazo máximo para a finalización das actuacións, pero que para o verán o obxectivo é que «estea aberta ao público, cun director á fronte e un bo equipo para que o faro luza en todo o seu esplendor, tras unhas obras que a deixarán nas mellores condicións de uso»."
Esta nova rectificación da data de apertura vense a sumar a incertidumbre dos trece traballadoras e traballadores da Torre que atopanse en medio dunha autentica "vendetta" contra eles promovida desde a concelleira Turismo e Emprego
Os traballadores que teñen presentado no concello os pasados dias perto de 9000 firmas para conquerir unha entrevista co alcalde ven agora  como este adicase a descalificar a laboura destes traballadores e traballadoras que permitiu o nomeamento da Torre como Patrimonio da Humanidade.


quarta-feira, 7 de março de 2012

Eventuais do SERGAS concentranse na Coruña



Traballadoras e traballadores eventuais do SERGAS concentráronse onte diante das oficinas do SERGAS, na rúa Duran Loriga, para mostrar o seu rexeitamento ás medidas de recortes de persoal no area sanitaria ordenada pola Xunta do PP.
Coreando consignas contra os recortes e a política de recortes, medio centenar de traballadores e traballadoras eventuais denunciaron a súa situación laboral viniendose a sumar ás protestas do persoal sanitario na Coruña e comarca.

Os funcionarios de xulgados protestan contra os recortes.
La Opinión de A Coruña

Os funcionarios dos xulgados da Coruña sumáronse onte ás protestas emprendidas en toda Galicia para protestar polos recortes da Xunta. Os manifestantes, que xa protestaran en anteriores ocasións durante o pasado mes, concentráronse fronte ao edificio dos xulgados e mostraron pancartas en defensa dos servizos públicos á vez que criticaban as medidas emprendidas polo Goberno autonómico de Alberto Núñez Feijóo. A manifestación estivo vixiada por axentes da Policía Nacional, aínda que a actitude dos funcionarios foi pacífica e non houbo incidentes.

domingo, 4 de março de 2012

39.391 novos traballadoras e traballadores no desemprego na Galiza.




3.391 galegas e galegos mais arrojados ao desemprego

Galizalivre - O INEM acabou de tornar públicos os dados de emprego do mês de fevereiro, piores do esperado. O número de galegos e galegas (excluídos os da Galiza oriental) inscritos como procuradores de trabalho nos escritórios do serviço público de emprego ascendeu em 3.391 nos últimos vinte e nove dias, o que supom um incremento mensal de 1,25%. Ao todo, no INEM constam 274.675 desempregados, recorde histórico no nosso país, que no último ano viu incrementado o desemprego em 10,63%.

A Segurança Social, na corda bamba
Menos trabalhadores em ativo supom menos quotizaçons à Segurança Social, de cujas arcas sai o dinheiro que paga os subsídios de desemprego e as pensons dos reformados. Desde 2011, Galiza perdeu 36.082 quotizantes, polo que as receitas da famosa "caixa única" diminuírom enormemente, ao tempo que, pola mesma causa, se incrementárom os pagamentos por subsídios de desemprego. A soluçom do governo espanhol, tanto o do PSOE como o do PP, consistiu em diminuir as despesas mediante as reformas laborais que limitam a duraçom e quantia dos subsídios, o que nom só nom arranja o problema senom que deixa na miséria os milhares de trabalhadores que estám a pagar a crise (e que já contribuíram para a caixa da SS quando trabalhavam).

quinta-feira, 1 de março de 2012

A Coruña: Peche da CIG no INEM de Monelos.


A Coruña, 01.03.12
Perto dun centenar de delegados, traballadores, traballadoras e desempregados asi como sindicalistas da CIG, entre eles o Secretario Xeral da mesma, o compañeiro Suso Seixo, tomaron simbolicamente a oficina de empleo de Monelos. Os concentrados berraron consignas contra a reforma laboral do goberno da patronal e a favor da folga xeral convocada para o vindeiro 29 de Marzo pola CIG, CGT, CUT, COG e CNT.

IKEA: A faciana oculta da "Republica independente da túa casa"

                Traballadoras e traballadores de Ikea protestan na Coruña por despidos.


Un semanario francés denuncia que Ikea espía a empregados e clientes
'Le Canard enchainé' asegura que a filial francesa da cadea de mobles tiña acceso a un gran fichero policial
EFE/París29/02/2012 / Publico

A filial francesa do grupo sueco Ikea foi denunciada por espiar aos seus empregados e clientes, segundo revela este mércores o semanario Lle Canard Enchaîné, que asegura que a empresa tiña acceso a un gran fichero policial.
O espionaje ten lugar desde 2003, a través dun acordo entre Ikea e unha sociedade privada de seguridade denominada Sûreté International, agrega o semanario satírico.
Os avogados dos sindicatos do grupo presentaron unha denuncia contra a empresa por este caso, sinala.
Un portavoz de Ikea asegurou a Efe que descoñecían este comportamento e que decidiron abrir unha investigación interna para aclaralo.
"Desaprobamos radicalmente todo atentado contra a vida privada dos nosos colaboradores, socios ou clientes", indicou o portavoz, quen sinalou que se toman o caso "moi en serio".
Reunión de Urxencia
Nada máis coñecer o artigo do semanario satírico, Ikea convocou unha reunión de urxencia na que decidiron abrir unha investigación interna para "atopar unha solución rápida" ao problema.
Segundo Lle Canard Enchaîné, o director de risco de Ikea chegou a un acordo co responsable de Sûreté International para poder ter información de empregados e clientes procedentes dun fichero confidencial reservado a usos policiais.
Por 80 euros a consulta, o hipermercado de mobles podía facerse con datos de persoas que lle interesaban.
Lle Canard Enchaîné revela consultas sobre empregados fichados pola policía ou sobre clientes que presentaron reclamaciones á empresa.
En total, o semanario asegura haber ter acceso a un centenar de correos electrónicos intercambiados entre Ikea e a empresa de seguridade privada.

Nova denuncia polo peche da Torre.


UGT denuncia que a torre de Hércules leva xa pechada 46 días
O sindicato acusa ao Consorcio de Turismo de de esquivar a normativa laboral vigente «para despedir a 13 traballadores»

A Coruña  01 de marzo de 2012 /EFE La Voz de Galicia
 O sindicato UGT denunciou hoxe a situación da torre de Hércules, monumento patrimonio da Humanidade, pechada ao público xa desde fai 46 días.
«Primeiro eran unhas obras, que aínda nin están licitadas, despois regular a situación laboral a través dunha nova empresa contratista que non tería que subrogar aos traballadores, agora convocar unhas prazas públicas temporais», ironizou o sindicato nun comunicado.
UGT acusou ao «partido privatizador», en alusión ao PP, de utilizar ao Consorcio de Turismo para sacar unhas prazas públicas «temporais», así como de esquivar a normativa laboral vigente «para despedir a 13 traballadores».
A pechadura temporal da torre de Hércules foi anunciado polo alcalde da Coruña, Carlos Negreira, para a realización de traballos de conservación e mantemento o pasado mes de decembro.
O Concello asegurou entón en dous ou tres meses os traballos estaría rematados e que aproveitaría ese tempo para regularizar a situación dos traballadores do faro romano, logo do contrato coa empresa concesionaria dos servizos concluíse en 2010.
Finalmente o goberno local decidiu convocar un novo concurso sen garantir a subrogación dos 13 postos de traballo, o que suscitado as críticas de PSdeG e BNG.