sexta-feira, 11 de janeiro de 2013

DESCONSENDO NAS REBAIXAS! 1ª acción Boikot Inditex


A SÚA FORTUNA É A NOSA MISERIA!

Fart@s de que o Grupo Inditex sexa considerado polos medios e os gobernos galego e español coma exemplo de triunfo e desenvolvemento empresarial, distintos colectivos e persoas da Coruña e área metropolitana levaremos a cabo o vindeiro 12 de xaneiro o a nosa primeira acción reivindicativa: DESCOSENDO NAS REBAIXAS!

En contra do que os medios queren facernos crer, Inditex non deixa de ser un dos maiores exemplos de salvaxismo capitalista no que a economía, en lugar de estar a...o servizo do ben común de todas e todos, explota ás persoas e á natureza tratándoas comas simples materias primas das que obter os maiores beneficios para unha minoría que cada día ten máis.

Por iso, queremos invitarvos a que veñades con nós á presentación da nosa campaña de boikote e esixirlle ó Grupo Inditex que cese nas súas prácticas de explotación que somentes lles dan proveito aos seus diretivos a costa do traballo do pobo.


Concentracións nas cidades galegas o día 17, ás 19:00 horas, contra os recortes laborais e o deterioro dos servizos públicos

Convocan as organizacións sindicais con representación no sector público
As organizacións sindicais con representación no sector público, CIG, CCOO, UGT, CSI·F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO, USTG, CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, que integran a PLataforma en Defensa dos Servizos Públicos, convocan para o vindeiro xoves, día 17 de xaneiro, ás 19:00 horas, concentracións en todas as cidades galegas contra as medidas que vén de aprobar a Xunta de Galiza que empeoran as condicións laborais e salariais das empregadas e empregados públicos e deterioran, aínda máis, os servizos públicos.
11-12-21 area publica 3
As concentracións previstas son:
o A Coruña: Delegación do Goberno.
o Santiago: Praza do Toral
o Ferrol: Praza de España.
o Pontevedra: Subdelegación do Goberno.
o Vigo: Museo MARCO
o Ourense: Subdelegación do Goberno.
o Lugo: Subdelegación do Goberno.

MANIFESTO
As OOSS con representación no Sector Público autonómico rexeitan as medidas do Goberno
Dende o inicio da crise económica, no ano 2009, os Servizos Públicos e empregados/as Públicos, vivimos un permanente acoso que pretende a fin do Estado de Benestar que construímos con permanentes loitas e conquistas que fomos conseguindo ao longo de moitos anos.
Esta agresión que os empregados/as públicos sufrimos pódese resumir nun case estado de excepción, no que se nos nega a negociación das relacións laborais sendo sometidos a un agresivo frenesí normativo que dita por decreto as nosas condicións de traballo, reducindo progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas. A salientar:
1º.Rebaixa salarial anual nunha media do 5%, en determinadas categorías de ata o 9%, no 2010 (RD Lei 8/2010), cun IPC do 2,9%. Ao tempo utilizábase como coartada que a porcentaxe de empregados/as públicos, dun 9,5%, era elevada obviando que a media da UE era do 16%, cun altísimo crecemento do emprego público dun 1% na última década, para unha poboación que medraba en 6 millóns de persoas. Tamén se esquecen que somos o país da UE que en termos porcentuais menos investimento efectúa no emprego público tal e como reflicte o elevado número de traballadores e traballadoras que son mileuristas.
2º.Conxelación salarial no 2011, que levou aparellada a conxelación de Ofertas de Emprego Público (Lei 39/2010, de Orzamentos Xerais do Estado), cun IPC do 2,4%.
3º.Supresión de dereitos e acordos sobre Xornada laboral (RDL 20/2011), e outros dereitos conseguidos.
4º.Ampliación da xornada mínima nas administracións, (Lei 2/2012, de Orzamentos Xerais do Estado), nova conxelación salarial, mantendo pagas extraordinarias reducidas e abundando na imposibilidade de incrementar as taxas normais de reposición de efectivos.
5º.Reforma Laboral, RD Lei 3/2012, que introduce o despedimento colectivo e individual do persoal laboral do sector público, por causas económicas, técnicas e organizativas. Expedientes que soamente poden ser de extinción de posto de traballo, non de redución de xornada ou suspensión temporal de contrato.
6º.Supresión de días adicionais de vacacións. Reducen os días de asuntos propios (APs) que pasan a ser unicamente 3 ao ano. Supresión da paga extraordinaria do Nadal (o que significa un 7% de redución salarial anual). Supresión dos acordos e pactos de dereitos sindicais. Anúlase a posibilidade de xubilación parcial dos funcionarios, así como as melloras económicas en IT, RD Lei 20/2012, e Lei 1/2012 Galicia.
Como novo ataque aos empregados/as públicos elabórase un anteproxecto de Lei que reduce o salario nunha media dun 4% para o ano 2013, en determinadas categorias de ata o 6%, minorando as pagas extraordinarias arredor dun 40%.
Por iso, dicimos basta, xa abonda, e rexeitamos esta nova medida en contra dos empregados/as públicos de Galicia, que sumará unha perda en tres anos de máis do 20% de salario, e convocamos mobilizacións que terán, como primeira medida, concentracións nas sete comarcas o día 17 de xaneiro as 19:00 horas.
Asinado por:
CIG; CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE; STEG; ANPE; USO; USTG; CGT; STAJ; SIAT; ACAIP.

ABAIXO OS BANCODELINCUENTES !



 

Á plataforma de afectados polas preferentes de A Coruña e comarca xunto a Stop Deshaucios amosaron  unha vez mais seu rexeitamento as medidas do goberno e de Bruselas.
Perto de un centenar de manifestantes bloquearon os accesos a la oficina principal de NG Banco.
A Coruña en Loita respalda estas xustas movilizacións e fai un chamado ao pobo da Coruña para apoiarlas.


sábado, 5 de janeiro de 2013

Protesta das traballadoras e traballadores do grupo VIPS


Hoxe das 13:00 h. ata ás 15:00 h. un piquete de traballadoras e traballadores do VIPS do CC Os Cantons village amosaron publicamente seu descontento coa practica empresarial do grupo da familia Arango e dos bancodelincuentes yankees de Golman Sachs.
CIG-servicios denuncia un acordo laboral asinado en Madrid no que precarizase ainda mais ás condicions de traballo dunha empresa que presentase coa imaxe de un grupo xoven de 9500 traballadoras e traballadoras que según sua web "son unhos dos factores fundamentais da empresa".
Pois ben, a realidade de explotación desta empresa, do antigo Presidente dos Premios Principe de Asturias, é tal que pretende, entre outras, rebaixar o salario ata un 25% coa conxelación do mesmo ata o 2015 ou elminar o 100% das baixas por I.T..... e sinon pechar.
Dende A Coruña en Loita amosamos a nosa solidariedade coa loita destas traballadoras e traballadores da nosa cidade contra explotadores coma a multinacional VIPS.

sexta-feira, 4 de janeiro de 2013

CORCOESTO: Unha agresión imperialista.

A Comisión Europea non foi informada do proxecto mineiro de Corcoesto

Redacción | @prazapublica

A Comisión Europea, a través do responsable de Medio Ambiente da UE, o comisario Janez Potocnik, vén de comunicarlle ao BNG que o Executivo comunitario “non foi informado” de ningún proxecto para a posta en marcha dunha mina en Corcoesto a cargo dunha multinacional canadiana. Na súa resposta á pregunta da eurodeputada Ana Miranda a Comisión fai unha detallada enumeración da lexislación europea que debe cumprir calquera tipo de proxecto de instalación mineira, como a Directiva sobre avalición de impacto ambiental, a Directiva de avalición medioambiental estratéxica e a Directiva sobre residuos da minería, lembrando ademais que o Estado español ten catalogado o cianuro como “contaminante específico” conforme a Directiva marco sobre auga con indicacións específicas para as augas superficiais.
En relación a falla de transparencia e de información pública que denuncian os veciños da zona que se vería afectada de saír adiante o proxecto, a Comisión Europea é contundente cando afirma que tanto a Directiva sobre residuos da minería como a Directiva marco sobre auga “inclúen claras esixencias en materia de participación pública e transparencia”, polas que tamén vela o propio Executivo da UE.

PIKACHU, AQUI, PIKACHU, ALI. OURENSE, LUGO, SANTIAGO......


segunda-feira, 31 de dezembro de 2012

Pelotazo urbanistico no Agra de S. Amaro e Adormideras.

Comunicado Oficial Esixencias 2013

Do mesmo xeito, denunciamos o posicionamento belixerante do Concello da Coruña ao boicotear calquera intento de diálogo que permita a resolución dun problema que afecta ao conxunto da cidadanía coruñesa. O Goberno Municipal liderado por Carlos Negreira, empregou efectivos policiais perante unha veciñanza que, de maneira pacífica e por vías democráticas, tentou amosar o seu rexeitamento a un acto especulativo sen presecedentes na nosa cidade.
Insistimos en sinalar que os promotores da Agra de Santo Amaro non teñen dereito a ningún tipo de compensación posto que ditos Estudos de Detalle son nulos de pleno dereito ao non contar co visto bo nin estar informado Patrimonio Cultural no seu momento.
Con iste comunicado anunciamos un incremento das mobilizacións sociais co fin de acumular as forzas precisas até conseguir os nosos obxectivos e as nosas esixencias:
1.- Recoñecemento da Comisión de Afectadas/os das Durmideiras e a Asociación Veciñal Atochas – Monte Alto como interlocutores no conflicto e recibimento oficial por parte do alcalde Carlos Negreira das mesmas.
2.- Paralización inmediata do “Pelotazo das Durmideiras” que procura a construción dun centro comercial e un edificio de 330 vivendas no xardín natural da Praza Galatea.
3.- Cese inmediato da persecución e o emprego das forzas de orde público contra o tecido social e cultural da nosa cidade.
A Coruña, 30 Decembro 2012
A.V.V. Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules

Imaxes da comida de empresa no INEM - Orillamar, cortesia de Andrea.