quinta-feira, 20 de dezembro de 2012

Loita dos traballadores e traballadoras de Atento.

Paros e concentracións en Atento na Coruña

CGT/Coruña


O vindeiro xoves día 20 celebrarase, ás 10:40 horas, o xuizo polas reduccións de xornada levadas a cabo pola empresa no CAT ADSL no pasado mes de marzo.
Estas reduccións de xornada afectaron a 180 traballadores e foron rexeitadas frontalmente pola CGT, denunciando a pretensión de la empresa de ejecutar una reducción de jornada innecesaria e premeditadamente fraudulenta, discriminatoria e abusiva.
En coincidencia co xuizo terá lugar unha concentración entre as 10:30 e as 12:00 horas diante das portas dos xulgados. O Comité de Empresa ten convocado un paro entre as 10:00 e as 12:00 horas dese mesmo día para que todos os traballadores e traballadoras podan acudir á concentración convocada diante dos xulgados.
A Sección Sindical da CGT en Atento Coruña chama a atención sobre a importancia de secundar o paro convocado, e fai un chamado para acudir á concentración co gallo de facer ver e oir a voz dos traballadores e traballadoras de Atento.

SOLIDARIEDADE CO COMPAÑEIRO LÓPEZ PINTOS

Concentración en apoio á López Pintos o xoves 20 de decembro nos xulgados de Ferrol

Ás 9:30 horas, coincidindo coa apertura de dilixencias previas por mor da denunciar presentada por delito de tortura
A Executiva comarcal da CIG ten convocada unha concentración no Pazo de Xustiza de Ferrol o xoves, 20 de decembro, ás 9:30 horas, en apoio ao compañeiro Xesús Anxo López Pintos, citado polo Xulgado para as dilixencias previas que se abren por mor da presentación, no seu momento, dunha denuncia polo delito de torturas.
A presentación da denunciar produciuse tras da súa detención o día de inicio da campaña das pasadas eleccións autonómicas no transcurso dun acto de protesta convocado polos Comités de Empresa de Navantia e Poligal e no que participou, xunto con centos de compañeiros e compañeiras, na defensa dos seus dereitos laborais e dos seus postos de traballo.
“A Executiva comarcal da Confederación Intersindical Galega ratificase na posición xa expresada a respecto da nosa intransixente (esta si) defensa do sistema de garantías e liberdades conquista histórica do movemento obreiro. Sen Estado garantista non hai democracia e isto exclúe calquera forma de dano físico ou psicolóxico que se lle poda infrinxir aos/ás detidos/as”.

Dende A Coruña en Loita sumamo-nos no apoio ao compañeiro López Pintos e a denuncia da brutalidade policial contra os traballadores e traballadoras.

HOXE CONCENTRACIÓN !

A Alianza Social Galega chama a cidadanía a concentrarse o 20 de decembro nas principais cidades e comarcas galegas

Rexeita os novos recortes impostos polo PP
As máis de 60 entidades que conforman a Alianza Social Galega fan un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas para este xoves, día 20 de decembro, nas principais cidades e cabeceiras de comarca. Mobilizacións coas que se queren denunciar as políticas antisociais que está a adoptar o goberno do PP e entre as que salientaron a non revalorización das pensións, os recortes na sanidade e no ensino públicos e a contrarreforma ideolóxica que representan a LOMCE ou Lei de taxas xudiciais. Como parte das reivindicacións tamén estará a esixencia de reformar da normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento.
A convocatoria foi presentada polos secretarios xerais da CIG, Suso Seixo; de UGT, José Antonio Gómez e CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, así como por representantes doutras organizacións integrantes na Alianza.
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo denunciou que todas as medidas que se veñen impoñendo, lonxe de axudar a saír da crise, teñen provocado un incremento do desemprego, da precariedade e da exclusión social e lembrou que as previsións para os próximos anos non permiten tampouco ser moi optimistas.
Alén diso, subliñou que o PP está a proveitar a crise para introducir o modelo ideolóxico “da dereita máis reaccionaria do Partido Popular”. Un modelo que cualificou de “inxusto, clasista e centralista”.
A modo de exemplo, sinalou o Anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), do que dixo que favorece o ensino privado-concertado mentres castiga o público, favorecendo a quen ten máis poder económico e co obxectivo de restar competencias ás comunidades autónomas.
Do mesmo xeito, subliñou que as reformas que se pretenden introducir na xustiza nada teñen que ver coa crise. “Teñen tamén o obxectivo de dificultar o acceso a ela por parte das persoas máis desfavorecidas, facendo a xustiza máis elitista e clasista”, dixo.
Ante esta situación, o secretario xeral da CIG denunciou o retroceso non só das condicións laborais e sociais da poboación, senón tamén dos dereitos e liberdades. Alertou de que se no estado español non medran as forzas de extrema dereita no estado español, como ocorre no resto dos países da periferia europea máis afectados pola crise, é porque “están dentro do PP” e apuntou os “tics típicos da época franquista” que se poden apreciar claramente na LOMCE: desde os ataques ás linguas propias até o relevante papel que se lle confire no ensino á igrexa católica, favorecendo ademais aos sectores económicos máis poderosos e acomentendo un proceso de recentralización sen precedentes nos últimos 30 anos.
As mobilizacións previstas son:
A CORUÑA19:30Delegación do Goberno
FERROL19:30Edificio da Xunta
SANTIAGO19:30Praza Galiza
BARCO VALDEORRAS20:00Praza do Concello
LUGO20:00Praza Armañá
BURELA20:00Praza da Mariña
MONFORTE19:30Praza de España
OURENSE19:30Subdelegación do Goberno
PONTEVEDRA19:30Subdelegación do Goberno
VIGO20:00Museo de Arte Contemporánea
VILAGARCÍA20:00Praza Galiza

Multiples accions dos funcionarios publicos na Galiza.

As mobilizacións están convocadas polas distintas Xuntas de Persoal e os comités de empresa
O persoal das administracións públicas está chamado a mobilizarse, este xoves día 20 de decembro, para denunciar a retirada da paga extraordinaria e na defensa dos dereitos laborais e dos servizos públicos, tal e como veñen facendo nos últimos meses. As concentracións e actos previstos están convocados polas Xuntas de Persoal e os comités de empresa.
2012 09 27 ProtestaAreaPublicaOurense01
No sector de xustiza a plataforma en defensa da xustiza pública convoca, ademais, un apagón informático ás 11:00 nos distintos centros de traballo -xulgados, audiencias...- e concentracións simultáneas.
Entre os actos máis salientábeis cómpre sinalar que no sector da administración do Estado, na Coruña, alén das concentracións que se veñen mantendo, diante dos centros de traballo, ás 11:00 horas cantarán panxoliñas nunha concentración diante da Delegación do Goberno. A Xunta de Persoal da AEAT ten programada para ese día unha doazón de alimentos na cociña económica.
No sector de administración local, tamén na Coruña, Xunta de Persoal e Comité de Empresa convocaron unha folga de 2 horas, entre as 11:00 e as 13:00 horas, coincidindo cunha concentración, diante do concello, na que se agarda que o punto álxido de afluencia sexa contra as 12:00 horas. En Compostela, tamén está convocada unha folga de 2 horas, entre as 12:00 e 14:00 horas, cunha rolda de prensa previa, ás 11:30 horas, na sala de prensa do concello, seguida dunha concentración na Praza do Obradoiro, chocolatada con churros e entrega de octavillas polas rúas.
O sector da administración Autonómica –Xunta de Galiza ten convocado:
-A Coruña: concentración ás 11:30 horas, no edificio administrativo de Monelos, entrega de sinaturas no rexistro con presenza do Apalpador e brindes recortados. Convocan Xunta de Persoal e Comité de Empresa.
- Lugo: No edificio administrativo da Xunta, está prevista unha entrega de sinaturas pola recuperación da paga extra.
-Compostela: concentración ás 11:30 horas, diante do edificio administrativo de San Caetano, diante da cafetaría, convocada pola Xunta de Persoal e o Comité de Empresa.
-Ferrol: haberá unha entrega solidaria de alimentos.
- Pontevedra: de 9:30 a 14:30 horas, doazón de sangue na praza entre o edificio administrativo e o edificio de Facenda. Convoca a asemblea de traballadores/as

Por Palestina !





Benqueridas, benqueridos:
BDS (Boicote, Desinvestimento, Sancións) está a promover unha campaña en contra das reiteradas violacións do dereito internacional e o absoluto desprezo que Israel manifesta polas innumerábeis Resolucións das Nacións Unidas que condenan as súas políticas coloniais, discriminatorias e ilegais. Entre estas actividades está un manifesto asinado por xente da cultura. Se sodes traballadoras e traballadores das artes escénicas, a música, a literatura, o audiovisual, o xornalismo e as artes plásticas e estades de acordo co manifesto, podedes asinar aquí:

Manifesto e sinaturas:
www.saramaganta.tk
E se podedes reenviar o enlace a xente que consideredes que lles poda interesar, estupendo.
Saúdos por Palestina

quarta-feira, 19 de dezembro de 2012

Contra ás taxas xudiciais do goberno do PP.

"As taxas xudiciais pode provocar que a xente acabe tomando a xustiza pola man"

 
14/12/2012
 
O xuíz Luís Villares vén de retornar ao posto de coordinador territorial de Xuíces para a Democracia en Galicia. Faino nun momento no que este colectivo, ubicado no sector máis progresista da xudicatura, xunta forzas co resto de asociacións profesionais para facer fronte común contra a lei de taxas xudiciais. O proxecto abandeirado polo ministro Alberto Ruíz-Gallardón é para Villares un ataque aos "dereitos fundamentais" que trae consigo un retorno "ao século XIX" ao condicionar o acceso á Xustiza en función dos recursos económicos de cadaquén.

A reforma de Ruiz-Gallardón establece unha "xustiza para ricos" e outra "para pobres"?

Para nós é absolutamente evidente dende o comezo e agora que se consolida como texto legal, máis aínda. A xustiza xa non era gratuíta, xa tiña unha serie de custos, porque hai que acudir ao avogado e ao procurador, moitos procedementos requiren informes periciais... A imposición dunhas taxas supón unha difucultade engadida que, dende o punto de vista dos dereitos fundamentais, supón vulnerar o dereito constitucional á tutela xudicial efectiva, a que todo o mundo poida ver ante un tribunal os asuntos nos que considera que se ventila algún dos seus intereses. Isto é un dereito fundamental e o sistema de taxas que se nos vén enriba o que fai é condicionalo absolutamente e limitalo.

Ten sentido xurídico tentar “disuadir” a cidadanía de acudir á xustiza pola vía económica?

As taxas teñen un carácter disuasorio e é algo absolutamente inaceptable, porque buscan que a xente non exercite os seus dereitos. Nin sequera é un copagamento, é un repagamento porque a Xustiza se financia a partir dos impostos. Ademais, a desproporción que hai entre determinadas taxas e dereitos fai que, na práctica, determinados dereitos non se vaian exercer nunca máis. Esta o caso real de que recorrer unha multa de 100 euros custe 200, pero hai máis: o dereito a que unha sentenza sexa revisada por un xulgado de apelación supón 800 euros, é unha barbaridade. Xa só isto xustificaría a derrogación da lei. Nós ademais temos outro temor: que este sistema aumente a conflitividade social, no sentido de que moitos asuntos que ata agora ían aos tribunais van producir un enconamento nas posicións de conflito entre partes que acaben resolvéndoos por medios menos razoables. Falo de que a xente tome a xustiza pola man. En lugar de contribuír a modernizar, vai causar máis problemas e tamén máis fraudes. Haberá quen pretenda levar asuntos pola vía penal para evitar taxas. Estamos falando por exemplo de accidentes imprudentes de tráfico, que ata agora se levaban como procedementos civís e agora se poden pretender levar como faltas.
Cal é a vía contra a saturación de traballo?
A maneira de solucionar isto é establecer medios alternativos de resolución de conflitos: as arbitraxes, as conciliacións, as mediacións... teñen que funcionar. Na vía contenciosa [procedementos contra a decisión dunha Administración], por exemplo, teoricamente é admisible a mediación pero non hai unha soa administración que apodere os seus representantes xurídicos para levar actividades de mediación. Estes servizos de mediación tampouco están desenvolvidos no ámbito penal, no que só funcionan nalgúns casos. Isto é o o que esquecen cando nos comparan con Europa, porque noutros países teñen un sistema alternativo moito máis desnvolvido. En Francia, por exemplo, a conciliación a mediación e a arbitraxe están moi desenvolvidas.
Rexeitan as taxas xudiciais en todo caso ou este sistema en concreto? Podería haber unhas taxas acaídas?
Nós defendemos que a imposición de taxas, pola incapacidade económica do suxeito litigante, non é algo desexable. Nun momento impuxéronse para as persoas xurídicas en función súa importanica económica. Nós non fomos partidarios e imos seguir sen selo, tampouco se as taxas son proporcionais á capacidade económica de quen litiga. Aínda que un teña capacidade económica ten un dereito fundamental e non hai por que limitarllo. Estamos falando dun servizo público, non pode aspirar a autofinanciarse porque é un poder do Estado que, ademais, controla os outros dous poderes.
Di o ministro de Xustiza que os xuíces, como os avogados, están a defender “intereses corporativos”...
Iso, evidentemente, é que non ten ningún argumento. Hai tempo que se lle acabaron os argumentos e anda con infundios. A proba clarísima de que falta á verdade é que, por exemplo, a xuíces e maxistrados teoricamente beneficiaríannos as taxas, porque reducen o número de procedementos e a carga de traballo. Pero somos profesionais preocupados pola defensa dos dereitos fundamentais, aínda que para nós sexa máis traballo. Como poder do Estado, nos causa un problema sobre a concepción do poder xudicial volver á Xustiza do século XIX. Ademais, neste caso non é unha cuestión dunha opción ideolóxica, porque todos estamos dacordo.


Por todo isto, cre que prosperaría un recurso de inconstitucionalidade contra esta lei de taxas?
Nós cuestionamos abertamente a constitucionalidade desta lei e o Goberno, na propia exposición de motivos, xa fala disto. Cando fala disto sen que ninguén lle pregunte xa deixa en evidencia cales son os seus puntos febles. Eles saben perfectamente que vai ser declarado inconstitucional porque está comprometido o dereito de tutela xudicial efectiva. Só está por ver o que di o Tribunal Constitucional, que xa ten advertido que impoñer garantías ou trabas excesivas para accder ao procedemento ou aos recursos xudiciais vulnera a Constitución.

Orixinal: Praza Pública
David Lombao

sexta-feira, 14 de dezembro de 2012

Temos recibido a seguinte denuncia dos traballadores e traballadoras da fotocopiadoras da USC.

 
 
 
 
JULIO PICALLO, dono de varias empresas de esta cidade e dalgunha outra, non paga as nóminas dos seus empregad@s tanto presume do que ten e tan alto nivel e non paga (e non porque non poida senon porque non quere).

¡¡¡¡¡¡¡QUE VERGOÑA!!!!!!!! el non a ten.

Os traballadores de MAXIN S.L.U. (Fotocopiadoras de USC) non cobran as suas nóminas (e ainda ten a cara de dicir que non vai pagar).

Somos 22 traballadores, dos cal 96 % temos fillos e o noso salario en moitos casos, e o unico ingreso que entra nas nosas casas.

Nosos fillos necesitan comer, e para iso, nós cobrar. Seguimos traballando como exclavos e sen cobrar..........HASTA CANDO?

quinta-feira, 13 de dezembro de 2012

Manifestación nacional en Pontevedra.








Pontevedra acollerá, o vindeiro sábado día 15 de decembro, una manifestación convocada pola CIG para denunciar a represión sindical, coa que se busca criminalizar a resposta ás políticas do PP; a reforma do Código Penal que prepara o goberno de Mariano Rajoy, que pretende tipificar como delitos accións que antes non tiñan esa consideración e a lei de taxas xudiciais que dificulta o acceso ao dereito fundamental á tutela xudicial efectiva. A manifestación sairá ás 11:30 horas da Praza da Ferrería. (CIG)

Memoria histórica.



Presentaci​ón do libro de Carlos Velasco "Franquism​o serôdio e transióm democrátic​a na Galiza (1960-1981​). Xoves 20 de decembro de 2012, ás 20'00 h. na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras​, s/n, A Coruña

quarta-feira, 12 de dezembro de 2012

CONTRA OS BANCODELINCUENTES !

Miles de persoas afectadas pola estafa bancaria das chamadas "preferentes" e outros toxicos, de todolo pais, manifestaronse na Coruña nunha nova xornada de protestas contra a banca e contra os políticos responsables da impunidade deste roubo dos aforradores e aforradoras galegas.
A Coruña en Loita e outros colectivos respaldamos a sua xustas demandas e amosamos publicamente noso compromiso coa sua loita.




Imaxes Cesar Quian na VdG.