quarta-feira, 5 de setembro de 2012

Nova concentración dos afectados pola estafa das "preferentes"






Onte, un grupo de medio centenar de afectados polo timo das preferentes de NGB, concentráronse ás portas dos xulgados para reclamar ao Goberno unha solución ás preferentes. Na protesta criticaron as declaracions do delegado do Goberno, Samuel Juárez, recordáselles que os erros dos bancos págano os bancos, non o Goberno. Asi mesmo anunciaron novas movilizacions.

domingo, 2 de setembro de 2012

A CUT denuncia despido de traballadora do socorrismo na Coruña

Sermos Galiza

A empresa concesionaria da vixilancia das praias coruñesas bota unha traballadora após saír na prensa un comunicado do sindicato en que milita, a CUT, alertando das "graves deficiencias" no equipamento de que dispón o persoal para desenvolveren a súa actividade

Unha traballadora da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia --Fessga--, empresa concesionaria da vixilancia nas praias coruñesas, vén de ser despedida "por facer declaracións que transcenderon a un medio de comunicación" en que denunciaba as condicións en que desenvolvía a súa actividade e que puñan en perigo a propia saúde pública, tal e como se informaba en días pasados nunha denuncia feita pública na súa páxina web polo sindicato CUT, do que facía parte a traballadora, e que apareceu recollida nas páxinas locais dun xornal.

"O motivo do despedimento da nosa compañeira, para alén de constituír un caso evidente de represión sindical, conculca o dereito á liberdade de expresión", quéixanse desde a central, namentres a emprega argumenta na propia carta de despedimento que as queixas da traballadora ao redor das súas condicións laborais son "absolutamente falaces e carentes dun mínimo de obxectividade, causando un grave prexuízo á empresa".

Do que alertaba o comunicado da CUT era das "graves deficiencias" no equipamento do cadro de persoal, polo que iniciarán unha campaña de loita sindical até acadar o fin da restitución da traballadora despedida, e condenan a intención da empresa de "intimidar transladando a mensaxe de que calquera acción en defensa dos dereitos laborais será duramente perseguida e penalizada".

quinta-feira, 30 de agosto de 2012

Todas e todos con Barillas ! (Guatemala)





Unha plataforma de mulleres da cidade teñen organizado a presente acción que partindo da Plaza de Maria Pita percorreu diversas ruas da cidade para rematar no Parrote diante da vivenda do ex-Alcalde Francisco Vazquez antigo socio dos irmans Castro Valdivia da empresa Hidralia Energia.
A Coruña en Loita participou activamente na concentración e respalda plenamente a solidariedade coas mulleres e demais pobladores da localidade de Barillas, Guatemala.

quarta-feira, 29 de agosto de 2012

Non maís pelotazos !


Mañán xoves concentración en apoio a Barillas (Guatemala) 12:00h na praza de María Pita

 


Mañán xoves concentración en apoio a Barillas (Guatemala) 12:00h na praza de María Pita.

En Barillas, municipio ao nordeste de Guatemala, a poboación indíxena esta
vivindo de novo o terror da guerra, una guerra, esta vez vendida como
“desenvolvemento”.
A empresa española Ecoener-Hidralia con sede en A Coruña, esta explotando
os recursos hídricos en contra da vontade expresada das comunidades e do
concello que negou a licenza de construción á empresa.
Para impoñelo seu proxecto, a empresa actúa de maneira ilegal, criminal e
co apoio do exercito, que impuxeron un estado de sitio durante 19 días.
Encarcelacions ilegais, saqueos, terror sexual e violacions.
PARA AS MULLERES A MILITARIZACION PASA POLOS NOSOS CORPOS.
A constante presenza do exercito no territorio, significa ameaza constante
de violación sexual.

ACUDE MAÑA, AS 12h NA PRAZA DE MARIA PITA, A CORUÑA, GALIZA

Mais info en: http://corunha.info/node/679
Evento en FB: https://www.facebook.com/events/421551267881105/

--

terça-feira, 28 de agosto de 2012

O autobus perde 300.000 usuarios dende a retirada do "carril bus"

BNG e EU cargan contra a política de transporte do Concello da Coruña

Redacción | @prazapublica

Algo funciona mal no servizo de transporte público da Coruña. Iso é o que denuncian BNG e Esquerda Unida, que este luns denunciaron a política do goberno municipal de Carlos Negreira neste campo. Os nacionalistas fan fincapé nos resultados económicos da empresa Compañía de Tranvías, concesionaria do servizo, e que en 2011 repartiu tres millóns de euros de beneficios entre os seus accionistas.
O problema é que o Concello lle entregou case oito millóns de euros en subvencións ao prezo, máis so 36% dos ingresos da empresa. O BNG presentará unha moción no vindeiro pleno para esixir a revisión das condicións da concesión do servizo do transporte colectivo urbano. O Bloque denuncia que "por riba de teren beneficios non acometen inversión en anovar a frota, nin I+D+I, nin en criterios e medidas ambientais”.
O problema é que o Concello lle entregou case oito millóns de euros en subvencións ao prezo, máis so 36% dos ingresos da empresa
O BNG lembra que o Concello aprobou recentemente un plan de axuste, solicitando un empréstito de 7,6 millóns de euros para pagar facturas rexistradas entre setembro e decembro de 2011 da Compañía de Tranvías por valor de tres millóns euros. A formación alerta de que esta decisión pode "hipotecar o futuro da cidadanía durante os vindeiros dez anos”.

Pola súa banda, Esquerda Unida culpou este luns "ás desafortunadas políticas en mobilidade do PP" da perda dun cuarto de millón de pasaxeiros nos buses urbanos, que nos últimos oito meses pasaron dos case 13,6 millóns de usuarios até pouco máis de 13,3 millóns, o que supón un descenso do 2%. Esquerda Unida – Os Verdes considera fundamental apostar polo uso masivo do transporte público colectivo paro o cal e necesario facelo competitivo tanto en económica como en calidade e criticou a suba do billete en seis céntimos, pasando de 1,14 a 1,20. Por ese motivo, EU esixiulle ao Concello que estableza unha negociación coa Compañía de Tranvías "para modificar as condicións do contrato de concesión asinado polo PSOE con cláusulas tan lesivas para os intereses dos coruñeses e coruñesas coma beneficiosas para a empresa concesionaria".
EU-Os Verdes pide a recuperación do carril-bus, así coma creación de aparcadoiros disuasorios gratuítos
A formación de esquerdas culpa especialmente do descenso á eliminación do carril-bus e explica que na liña que une Montealto e o Barrio das Flores, unha das máis afectadas por esta medida, o descenso no número de usuarios foi do 8%. EU-Os Verdes pide a recuperación do carril-bus, así coma creación de aparcadoiros disuasorios gratuítos, nas principais vías de entrada na cidade, conectados con buses lanzadeiras cara aos puntos neurálxicos como a zona centro, os polígonos industriais, a universidade e os hospitais.

sexta-feira, 24 de agosto de 2012

Retómanse as concentracións nas comarcas contra o saqueo ao pobo

A CIG reitera que só coa mobilización social se poden reverter estas políticas e demandar un modelo económico e social máis xusto, equitativo e solidario
Coincidindo co Consello de Ministros celebrado este venres convocáronse concentracións en diversas comarcas para rexeitar as medidas antisociais que, desde a súa chegada ao goberno, vén aprobando o Partido Popular. Medidas coas que se está a saquear de forma sistemática ao pobo, mentres se seguen a destinar inxentes cantidades para rescatar aos bancos.
12-08-24 concentracion Ourense 001
Reforma laboral, reforma das pensións, práctica desaparición da negociación colectiva, conxelacións salariais, incremento de taxas dos servizos públicos, suba dos impostos indirectos, incremento da contribución ao abono sanitaria, desaparición do aseguramento universal no sistema sanitario, retirada da cobertura de centos de medicamentos, recorte do FOGASA, máis dificultades para acceder a prestacións ou axudas por desemprego, recorte de dereitos sociais e democráticos, recorte de dereitos e salarios, alén de criminalización das empregadas e empregados públicos... Estas son algunhas das medidas que se veñen impoñendo desde que o PP ao goberno, non hai aínda un ano.
Contra elas e contra as que se aveciñan e para denunciar que fronte a estes recortes se favorece o incremento de beneficios para os chamados “mercados” se concentraron centos de persoas en diversas comarcas de Galiza, convocadas polas organizacións sindicais. Concentracións que se veñen facendo coincidir cos Consellos de Ministros, porque son nestas xuntanzas nas que, a golpe de decreto, se veñen aprobando estas medidas que a CIG denuncia que están a empobrecer e deixar cada vez máis desprotexida á clase traballadora, a pensionistas e a persoas dependentes.
A CIG defende que só coa mobilización social se poden reverter estas políticas e exixir un novo modelo económico e social máis xusto, máis equitativo e máis solidario

quinta-feira, 23 de agosto de 2012

Veciños de Adormideras acudiran a Unesco




El Ideal Gallego
Membros da asociación Atochas-Monte Alto, en representación dos residentes de Adormideras, presentaron un escrito na Xunta para demandar a paralización do PGOM e con iso a posibilidade de construír na canteira que hai na zona. Os veciños solicitaron unha reunión coa Secretaría Xeral de Patrimonio para explicarlle a súa postura e coñecer si a Xunta realmente analizará o plan xeral con “rigor técnico”, como se dixo. “A xente non fíase, porque ao ser dá mesma cor política sempre van chegar a un acordo e se lles vai aprobar todo”, sinalou o presidente da entidade, Alberte Fernández.

O portavoz vecinal tamén confirmou que a comisión de afectados prepara un informe patrimonial para enviar ao Icomos (Unesco) e que teña en consideración a postura dos veciños á hora de recomendar directrices sobre o contorno da Torre de Hércules. Ademais, os veciños reuniranse mañá con concelleiros do grupo municipal do PSOE co fin de analizar a situación do Agra de San Amaro e da canteira.
Dende A Coruña e  Loita apoiamos a sua defensa do noso partimonio.

quarta-feira, 22 de agosto de 2012

O concello do PP prima a seus amigos na hosteleria.




A prensa local recolle o malestar do colectivo empresarial de hosteleria pola instalación das chamadas "Casas Regionales". cercans a medios da extrema dereita, según diversas fontes.
Así mesmo criticase os permisos a Palexco  para a "festa da cervexa".
O presidente da patronal Héctor Cañete denuncia esta situación nos xornais da cidade e mesmo anuncia movilizacións de non poñer fin o Concello a tales practicas, que califica de "competencia desleal", nun momento dificil e autorizada polo goberno municipal do PP que preside Negreira.
Recorda o incumplimento das medidas sanitarias recollidas na normativa e mesmo acusticas e urbanisticas nestos eventos no mes de agosto.
Estes feitos foron denunciados xa en xullo tanto a Sanidade como a Turismo da Xunta para que ordeasen as inspeccions pertinentes. Ambo-los dous organismo remiteron as competencia ao Concello.



segunda-feira, 20 de agosto de 2012

Repudio da masacre de Marikana !





Comunicado.-

As mulleres e homes que facemos parte da coordinadora de loitas A Coruña en Loita queremos amosar publicamente a nosa dor e indignación pola masacre de máis de trinta mineiros e centos de feridos a mans da policía de sudáfrica que non dubidou en disparar os seus fusís contra os traballadores en folga.

A criminal acción da policía non ten outra xustificación máis que o afán do goberno de servir ás multinacionais mineiras que explotan as riquezas do país.
Dende A Coruña, dende Galiza amosamos a nosa solidariedade cos nosos irmáns de clase e as súas familias ante esta brutal acción policial.

Esiximos a condea, polas autoridades do Estado español e da Unión Europea do goberno de África do Sul, o fin de toda acción represiva contra os traballadores en folga e unha investigación imparcial dos feitos.

A Coruña, 20 de agosto do 2012

A CORUÑA EN LOITA.