quinta-feira, 14 de junho de 2012

Un artigo tomado de Praza Pública.

Os escuros negocios de Hidralia Energía en Guatemala


O pasado 1 de maio foi asasinado en Santa Cruz Barillas, unha pequena e illada vila de Guatemala, Andrés Francisco Miguel. Era un líder da comunidade, un líder indíxena oposto ao proxecto de construción dunha central hidroeléctica na zona por parte de Hidralia Energía, unha empresa coruñesa propiedade de Luis e David Castro Valdivia, cun conflitivo pasado cheo de denuncias e condenas en Galicia pola actividade das súas minicentrais e centrais eólicas, a chamada trama enerxética na que tamén estiveron acusados Francisco Vázquez, Antonio Fontenla e o ex director xeral de Industria da Xunta, Ramón Ordás Badía, cuñado de Luis Castro Valdivia.
Non se puido probar este vencello directo entre a súa morte e a súa oposición ao proxecto, aínda que as autoridades se apresuraron a desementir toda relación e culparon a un enfrontamento entre veciños e mesmo a un asunto relacionado con drogas (Santa Cruz Barillas sitúase preto da fronteira con México e os cárteles mexicanos estenden a súa actividade a estas zonas). Sexa como for, nos días seguintes o autoritario goberno de Guatemala presidido por Otto Pérez, decretou o estado de sitio na rexión e 600 soldados tomaron a vila, botando abaixo as portas das casas, destrozando as colleitas, detendo 21 persoas e traendo á memoria os tempos do xenocidio indíxena no país. Hai uns días foron detidos como sospeitosos do asasinato dous españois, gardas de seguridade das obras da central eléctrica.
A historia comeza antes. Hidralia Energía instálase en Guatemala en 2008 e comeza a traballar nunha serie de proxectos de produción de enerxía hidroeléctrica en centroamérica coa conivencia dalgúns gobernos da rexión, comezando polo guatemalteco. Entre eles está o de Santa Cruz Barillas, unha pequena central de apenas 5.000 kW, xestionado pola empresa Hidro Santa Cruz e que dende o inicio contou coa oposición das comunidades indíxenas da zona. Non tanto porque se trate dun macroproxecto que podería borrar do mapa literalmente as súas comunidades, senón porque estas persoas se opoñen ao modelo enerxético proposto: explotación para a exportación e porque din que a empresa se negou a negociar con eles en todo momento. Ademais, argumentan quen en 2007 os habitantes da rexión votaron masivamente en referendo contra a instalación na zona de explotacións mineiras, petrolíferas ou eléctricas.
O proxecto de Hidralia conta coa aprobación dun informe da Corporación Interamericana para el Financiamiento de Infraestructuras (CIFI), unha entidade participada por Bankia e polo Banco Mundial
O proxecto de Hidralia conta coa aprobación dun informe da Corporación Interamericana para el Financiamiento de Infraestructuras (CIFI), unha entidade participada por Bankia e polo Banco Mundial e que non só garatiu que a hidroeléctrica tería un efecto lesivo limitado, senón que lle concedeu á empresa un empréstito de 11 millóns de dólares para a súa construción. Toda unha mostra dos intereses cruzados entre entidades financeiras, empresas, organismos internacionais e gobernos.
Son moitas as denuncias que nos últimos anos se dirixen contra a actividade de empresas eléctricas europeas (moitas delas españolas e algunhas galegas) en América Latina. Por exemplo, en 2011 Emgesa (filial de ENDESA) iniciou a construción da central hidroelétrica do Quimbo, no departamento de Huila, Colombia e toda a rexión se está a ver afectada xa na súa actividade produtiva, baseada na pesca e no agro, polo asulagamento de 2.000 hectáreas de cultivos. Ou podemos falar igualmente da falida aventura hidroeléctrica de Nova Caixagalicia en Perú, que rematou coa súa reventa ao seu primeiro dono.
No caso de Hidralia, ademais, cómpre poñer sobre a mesa, como xa o fixeron algúns medios latinoamericanos, coma a Agencia Latinoamericana de Información, o seu documentado pasado de conflitos e ilegalidades. Foi fundada en 2006 polo empresario Luis Castro Valdivia, agora tamén representante legal de Hidro Santa Cruz; o seu irmán David é CEO de Hidralia e propietario e accionista maioritario de Hidro Santa Cruz. Porén, xa dende os anos oitenta Luis Castro Valdivia creou unha multitude de sociedades interpostas que foron recibindo distintas concesións para a construción de minicentrais e centrais eólicas.
Foi no momento en que era máis forte a presión contra os Castro Valdivia que decidiron iniciar a súa aventura americana, que polo que se ve tampouco está ausente de conflitos e polémicas.
Nesta trama enerxética, revelada polos medios de comunicación e denunciada polo TSXG, tamén foron acusados Francisco Vázquez, Antonio Fontenla e o ex director xeral de Industria da Xunta, Ramón Ordás Badía, cuñado de Luis Castro Valdivia. As acusacións por tráfico de influencias, prevaricación e fraude foron desestimadas polo Xulgado de Instrución número 1 da Coruña en 2010, pero unha sentenza do TSXG de 23 de xuño de 2011 confirma as malas prácticas do proxectos. Foi no momento en que era máis forte a presión contra os Castro Valdivia por parte de medios de comunicación coma La Opinión, organizacións ecoloxistas coma ADEGA ou partidos coma o BNG, que decidiron iniciar a súa aventura americana, que polo que se ve tampouco está ausente de conflitos e polémicas.

quarta-feira, 13 de junho de 2012

Todas e todos a Concentración o dia 19 ás 20:00h.

Os sicarios da empresa Hidro-Santa Cruz recoñecen sua relación coa empresa española

Os sicarios Ricardo Antonio Lopez e Óscar Ortiz Solares autores dos disparos que costaron a vida ao dirixente comunal Andres Pedro Miguel e feridas de gravedade a outro campesiño.

 

Juez os liga ao proceso

Ricardo Antonio García López e Óscar Armando Ortiz Solares quedaron ligados ao proceso por asasinato e homicidio en grao de tentativa, según resolvió Óscar Sagastume, juez terceiro da instancia Penal.


Ambos-los dous acusados polo Ministerio Público de haber matado ao campesiño Andrés Pedro Miguel, o 1º de maio pasado, en Santa Cruz Barrillas, Huehuetenango, o cal xeneró disturbios que motivaron que o Gobierno decretara o estado de Sitio nesa localidade.
Os acusados fixeron a sua primeira declaración e coincidieron en que foron provocados polos pobladores.
García López afirmou que un dos campesiños disparolle e que él resposto coa sua arma*, lo que terminó coa vida de Pedro Miguel e deixó ferido  a outra persoa.
Relató que foi contratado por un executivo da hidroeléctrica** , proiectada no rio Cambalá naquel municipio, para capacitar a empleados que serían os encargados da construcción.
Fonte | Prensa Libre

*Arma incautada ao detido que coincide coa utilizada nos disparos contra os campesiños, non sendo atopada ninguna outra arma na escena do crime.
**Hidro Santa Cruz SL, empresa filial da empresa Grupo Hidralia Energia con sede na Coruña e dirixida polos hirmans Castro Valdivia empresarios galegos relacionados co Presidente da Patronal CEG Antonio Fontenla Ramil.

terça-feira, 12 de junho de 2012

O BNG convoca concentracións contra o "resgate" da Troika.

Imaxe da inidgnación dos afectados polo timo das preferentes.



O BNG, ten conovocado concentracions de protesta contra o resgate do sistema financieiro acordado polo FMI e BCE e a UE, en 12 cidades e vilas:

  • A Coruña, ás 20 h., no Obelisco
  • Santiago de Compostela, ás 20 h, na Praza de Cervantes
  • Ferrol, ás 20 h, diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza (Praza de España)
  • Ourense, 19:30 h, diante da Subdelegación do Goberno
  • Pontevedra, ás 20 h, na Peregrina
  • Lugo, ás 20 h, na Praza Armanyá, diante da subdelegación do goberno
  • Vigo, ás 20 h, no Marco
  • A Estrada, ás 21 h, na Praza do Concello
  • Burela, ás 20:30 h, na Praza da Mariña
  • Vilagarcía de Arousa, ás 20 h, na Praza de Galiza
  • O Barco, ás 20 h, na Praza do Concello
  • Ribadavia, ás 21 h, na Praza Maior
  • Novos xuizos dos traballadores e traballadoras da Torre de Hercules.


    Hoxe tivo lugar un novo xuizo das demandas dos traballadores e traballadoras de A Torre de Hercules contra o Concello e o Consorcio.
    Representantes de comités de empresa da CIG, membros a plataforma A Coruña en Loita  e a ex-concelleira de Cultura do Concello, Maria Xosé Bravo estiveron presentes para amosar a sua solidariedade cos traballadores e traballadoras da Torre de Hercules.

    PARTIDO DE FUTBOL SOLIDARIO SOS TORRE DE HERCULES - ESTRELA VERMELHA DE COMPOSTELA

    segunda-feira, 11 de junho de 2012

    O Concello pretende abrir a Torre de Hercules có unha gran festa.


    Fonte da prensa da Coruña informan que o Concello da Coruña presidido polo reaccionario Negreira pretende abrir de novo ao publico a Torre de Hercules e organizar unha "festiña" o "Sarao" con motivo do aniversario da declaración pola UNESCO de patrimonio da Humanidade da mesma.
    O goberno do do Partido Patronal que ten incumplido có regulamento laboral destes compañeiras e compañeiros, agora nos xusgados, non agachara con festiñas seu comportamento.

    sexta-feira, 8 de junho de 2012

    Nova concentración dos afectados pola estafa bancaria.




    Este xoves, as 11:30, como todo-los xoves, tivo lugar unha nova concentración dos afectados pola estafa bancaria das preferentes da Caixa Galicia-NCG.  Unha treintena de personas afectadas, membros de ADICAE, 15M e A Coruña en Loita concentaronse diante da sucursal que a entidade ten no Cantón Grande, diante do Obelisco, impedindo o acceso a mesma por perto de media hora.
    As consignas mais berradas foron; Ladrooos ! ou  Mendez, cabrón traballa de peón !
    Asi mesmo tiveron unha serie de intervencions de compañeiras e compañeiros, un deles, o compañeiro Martín, pola Coruña en Loita que fixo unha chamada a manter no tempo a loita e denuncio a perdida de dereitos para pensionistas, traballadores e parados mentras enchen de cartos aos bancos e caixas. Rematou a su intervención manifestando o apoio de A Coruña en Loita aos afectados, a sua intervención foi moi aplaudida.
    A nosa coordinadora de loitas ten como obxetivo servir de plataforma de encontro para toda-las loitas que na nosa cidade e comarca fan frente as agresión dos gobernos da Banca e do Capital.

    COMPAÑERIAS E COMPAÑEIROS, UNIDADE !

    quinta-feira, 7 de junho de 2012

    Xuizos contra o Concello.


    Hoxe tivo lugar o primeiro dos cinco xuizos polas demandas presentadas polas traballadoras e traballadores da Torre de Hercules, que dun xeito arbitrario e ilexitimo, por parte do Concello do Partido Patronal, no foron subrogados seus contratos. O xuizo foi nos Xulgados da Coruña, ao carón da Praza Monforte.
    A compañeira Marisol (Soledad Baquerín) do persoal de limpeza estivo arroupada polos seu compañeiros e compañeiras, membros dos sindicatos e da A Coruña en Loita. Dende esta paxina un forte abrazo a esta querida compañeira.