segunda-feira, 11 de junho de 2012

O Concello pretende abrir a Torre de Hercules có unha gran festa.


Fonte da prensa da Coruña informan que o Concello da Coruña presidido polo reaccionario Negreira pretende abrir de novo ao publico a Torre de Hercules e organizar unha "festiña" o "Sarao" con motivo do aniversario da declaración pola UNESCO de patrimonio da Humanidade da mesma.
O goberno do do Partido Patronal que ten incumplido có regulamento laboral destes compañeiras e compañeiros, agora nos xusgados, non agachara con festiñas seu comportamento.

sexta-feira, 8 de junho de 2012

Nova concentración dos afectados pola estafa bancaria.




Este xoves, as 11:30, como todo-los xoves, tivo lugar unha nova concentración dos afectados pola estafa bancaria das preferentes da Caixa Galicia-NCG.  Unha treintena de personas afectadas, membros de ADICAE, 15M e A Coruña en Loita concentaronse diante da sucursal que a entidade ten no Cantón Grande, diante do Obelisco, impedindo o acceso a mesma por perto de media hora.
As consignas mais berradas foron; Ladrooos ! ou  Mendez, cabrón traballa de peón !
Asi mesmo tiveron unha serie de intervencions de compañeiras e compañeiros, un deles, o compañeiro Martín, pola Coruña en Loita que fixo unha chamada a manter no tempo a loita e denuncio a perdida de dereitos para pensionistas, traballadores e parados mentras enchen de cartos aos bancos e caixas. Rematou a su intervención manifestando o apoio de A Coruña en Loita aos afectados, a sua intervención foi moi aplaudida.
A nosa coordinadora de loitas ten como obxetivo servir de plataforma de encontro para toda-las loitas que na nosa cidade e comarca fan frente as agresión dos gobernos da Banca e do Capital.

COMPAÑERIAS E COMPAÑEIROS, UNIDADE !

quinta-feira, 7 de junho de 2012

Xuizos contra o Concello.


Hoxe tivo lugar o primeiro dos cinco xuizos polas demandas presentadas polas traballadoras e traballadores da Torre de Hercules, que dun xeito arbitrario e ilexitimo, por parte do Concello do Partido Patronal, no foron subrogados seus contratos. O xuizo foi nos Xulgados da Coruña, ao carón da Praza Monforte.
A compañeira Marisol (Soledad Baquerín) do persoal de limpeza estivo arroupada polos seu compañeiros e compañeiras, membros dos sindicatos e da A Coruña en Loita. Dende esta paxina un forte abrazo a esta querida compañeira.









A Coruña: A Asociación de veciños de Atochas-Monte Alto-Torre de Hercules denuncia clientelismo nos convenios asinados polo Concello.





Veciños de Monte Alto denuncian o uso de fondos públicos para crear entidades sociais afines ao PP
A asociación de Atochas reclama ao Concello o reparto igualitario entre todos os colectivos da cidade.


R. D. Seoane/ La Voz de Galicia.
06 de xuño de 2012

A asociación de veciños de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules denuncia que os convenios asinados polo Concello da Coruña e entidades como a de veciños e comerciantes de Monte alto, cunha dotación de 4.000 euros, «constitúe unha discriminación ás demais asociacións e colectivos e significa un claro emprego de fondos públicos con fins puramente partidarios que procuran eliminar calquera tipo de contestación social organizada».
Por iso, reclaman que se cancelen estes convenios e realícese un reparto igualitario das axudas.






Hoxe nova concentración diante da NCG no Obelisco as 11:30