domingo, 12 de agosto de 2012

Que devolvan o roubado ! Nova manifestación onte na Coruña.



Resumo da prensa
Os afectados polas participacións preferentes continúan en pé de guerra. Onte volveron a protagonizar unha nova manifestación de protesta, na que clamaron solucións urxentes para o seu colectivo.
A protesta arrincou ás sete da tarde desde a glorieta de América, fronte ao Palacio da Ópera un lugar inusual, escollido por mor da prohibición do prercorrido inicial pola Delegación do Goberno. A protesta desenvolveuse baixo o lema “Que devolvan o roubado. Non ao corralito”.

Ademais dos propios afectados da comarca da Coruña e a Ferrolterra, á protesta adheríronse outras organizacións como a Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e Área Metropolitana, o movemento 15-M, a Plataforma Galega polo Aforro Público, Coruña en Loita, Stop Desahucios, Alcae e Robin Hood, Esquerda Unida entre outras, ademais do BNG, que realizou un chamamento público a participar na manifestación.

Trala protesta de onte, os afectados continuarán concentrándose cada xoves ante a sé central de Novagalicia Banco, xa que rexeitan a vía do arbitraje á que pola súa banda xa se acolleron algúns dos implicados que lograron recuperar o seu investimento.
É de suliñar que a paxina dixital do diario "Publico" adica un espacio en primeira plana e mesmo un video a manifestación,  frente a medios que como a Voz de Galicia que gardan un inesplicable silencio.

Nenhum comentário:

Postar um comentário