quarta-feira, 20 de fevereiro de 2013

21 de febreiro, xornada de loita en defensa dos servizos públicos

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos convoca concentracións para este xoves 21 de febreiro

 
A Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos ten convocadas mobilizacións para o xoves, día 21 de febreiro, ás 19:00 horas nas sete cidades galegas para manifestar o seu rexeitamento a uns orzamentos que poñen en perigo os servizos públicos, promoven a supresión e despedimento de persoal e deterioran as súas condicións laborais e económicas.
13-02-21 Cartaz concentracións Plataforma Servizos Públicos
Lugares das mobilizacións
- A Coruña: na Praza de Pontevedra, diante do Edificio de Facenda da Xunta.
- Ferrol: diante do Edificio Administrativo Xunta.
- Santiago de Compostela: Praza do Toural.
- Vigo: Porta do Sol (enfronte do Sireno).
- Ourense: diante da Casa do Chocolate, na Avda. da Habana.
- Lugo: diante do Edificio Multiusos da Xunta
- Pontevedra: Subdelegación do Goberno.

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos denuncia que os orzamentos propostos polo goberno de Feijoo “estrangulan” os servizos públicos deteriorando até o extremo a atención aos usuarios e usuarias dos mesmos e precarizan as condicións laborais das traballadoras e traballadores que desenvolven a súa actividade no sector. Ademais, favorecen a amortización de postos de traballo, pola vía da non reposición de efectivos, e abren a vía para realizar despedimentos.

A Área Pública da CIG, que forma parte da plataforma, alerta de que tras dos recortes orzamentarios agóchase a pretensión do Partido Popular de favorecer a privatización dos servizos públicos. Por iso fai un chamamento ás empregadas e empregados públicos e a sociedade no seu conxunto a participar nestas mobilizacións en defensa dos servizos públicos e dos dereitos laborais e sociais das súas traballadoras e traballadores
Así mesmo, coincidindo coa data de votación dos Orzamentos da Xunta para 2013, a Plataforma ten convocada unha concentración o vindeiro martes 26 de febreiro, dende ás 12:00 horas, ás portas do Pazo do Hórreo.

terça-feira, 19 de fevereiro de 2013

Comunicado.


Comunicado

Diante da desproporcionada actuación policial contra ciudadans e mesmo representantes políticos, que participaban nunha concentración contra ó desafuizamento de Aurelia Rey, veciña do nº 9 da rúa Padre Feijoo da Coruña queremos manifestar:

1.     O noso total respaldo co Aurelia, cos homes e mulleres e colectivos presentes que dun xeito xeneroso e valente teñen impedido que á codicia burguesa e sua xustiza anti-popular triunfe.

2.     Esiximos a destitución do actual Delegado do Goberno Juárez Casado responsabel dunhas actuacions policiais que lonxe de garantir a seguridade, convertironse nunha perigrosa escalada de agresión a representantes políticos e cidadans.

3.     Esiximos a paralización indefinida dos procedementos de desafiuzamentos tanto na nosa cidade como a nivel do Estado.

4.     A Coruña en Loíta promoverá todo tipo de accións consecuentes co estas demandas e fai un chamado ao pobo de A Coruña a movilizarse polo Dereito do Pobo a unha vivenda digna.

 

A Coruña, 19.02.13

A Coruña en Loíta

Todas e todos somos Aurelia ! (Imaxes cortesia de Vera M.)


 
 


segunda-feira, 18 de fevereiro de 2013

Aurelia non se vai !

 O noso compañeiro nun momento da desmedida actuación policial / prensa


A vergoñenta intentona desafuizar da sua vivenda na rúa Padre Feijoo a Aurelia foi frenada pola movilización popular e a solidariedade de centos de homes e mulleres da nosa cidade, mesmo dos bombeiros que negaronse a cortar a cadea que impedia o acceso ao portal. É un gran avance na loita mais apenas é un respiro.

sexta-feira, 15 de fevereiro de 2013

Todas e todos con Aurelia !

 
 

Axenda de mobilizacións


*xoves 14 las 19 horas no Obelisco macro muiñeira Tod@s contra a violencia contra as mulleres

* venres 15 as 12.30 concentración diante da casa de Aurelia por o
seu inminente desafiuzamento

*sábado 16 as 12. 30 na plaza de Lugo concentración a favor da ILP de desafiuzamentos


*luns 18 as 10 horas previsto se produza o desafiuzamento de Aurelia




*Sábado 23F as 12.30 no Obelisco manifestación contra o golpe de estado financeiro. non debemos, non pagamos.

domingo, 10 de fevereiro de 2013

TODOS E TODAS CONTRA OS DESAFUIZAMENTOS !



Imaxes da movilización do pasado dia ... en apoio a Aurelia Rey unha veciña, de 85 anos, da rúa  Padre Feijoo na Coruña. Dende A Coruña en Loita facemos un chamado a participar na vindeira concentración o 18 de febreiro.

sexta-feira, 8 de fevereiro de 2013

Asamblea Stop Desfiuzamentos.

 

O Grupo de Stop Desfiuzamentos (stop desahucios) realiza hoxe, 8 de febreiro as 20h unha asamblea aberta no local de Própolis, rua Barcelona 115.
 



Temas a tratar:
-Desfiuzamento de Aurelia. Dentro de 10 días unha familia de caciques da Coruña quere deixar na rúa a unha señora de 85 anos.. Hai que paralo.
-Acción 16 de febreiro convocada a nivel nacional.
- Calquera outro tema que traian as persoas que participen na asamblea.

IMAXES da concentración diante do COF do Ventorrillo. (cortesia de Chus Neira)